Saltar ao contido

Almuñécar

Almuñécar
 Nome oficial
    Almuñécar (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
21.623 (2001) rexistro civil
22.030 (2002) rexistro civil
23.378 (2003) rexistro civil
23.073 (2004) rexistro civil
24.713 (2005) rexistro civil
26.264 (2006) rexistro civil
27.076 (2007) rexistro civil
27.544 (2008) rexistro civil
27.696 (2009) rexistro civil
27.703 (2010) rexistro civil
27.754 (2011) rexistro civil
27.703 (2012) rexistro civil
25.586 (2013) rexistro civil
27.195 (2014) rexistro civil
27.391 (2015) rexistro civil
27.397 (2016) rexistro civil
27.135 (2017) rexistro civil
26.377 (2018) rexistro civil
26.514 (2019) rexistro civil
25.927 (2020) rexistro civil
25.890 (2021) rexistro civil
26.748 (2022) rexistro civil
27.305 (2023) rexistro civil
27.311 (2024) rexistro civil
27.544 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   13.435 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   13.079 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   83,36 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   24 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal18... Editar o valor en Wikidata
Código INE18017 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap347694 Editar o valor en Wikidata
VIAF147751378 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0bbffs Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX84270
Wikidata C:Commons

Almuñécar é un concello español da provincia de Granada. Limita cos concellos granadinos de Otívar, Jete, Ítrabo e Salobreña, e co malagueño de Nerja. Está composto por tres núcleos de poboación: Almuñécar, La Herradura e Velilla-Taramay.

É un importante centro turístico, localizado entre o mar Mediterráneo e a montaña, así como un importante produtor de froitas subtropicais como o aguacate, chirimoia, manga ou kiwis.

Está atravesado polos ríos Verde e Seco.

Os primeiros asentamentos teñen lugar hai uns 3.500 anos, cos poboadores da cultura argárica da idade de Bronce. A finais do século IX a. de C. os indíxenas recibiron a colonización fenicia, creando as estruturas urbanas da colonia de Ex, de tal forma que, cando a finais do século III a. de C. chegaron os romanos, encontraron unha cidade ben estruturada, cunha puxante economía baseada na salga do peixe e con moeda propia. A vila foi remodelada, coa construción de templos, teatro e acuedutos, propios do municipio de dereito latino Sexi Firmum Iulium.

En tempos de al-Ándalus, o viaxeiro al-Idrisi fai mención das ruínas de construcións anteriores. Coa chegada de Abderramán I no 755, Almuñécar pasou a pertencer, segundo a división administrativa dos musulmáns, á cora de Elvira.

Nese momento Almuñécar era un punto forte na costa: posuía un hins ou castelo, aínda que ata o século XI non se pode falar dela como cidade ou medina. Producía cana de azucre, plátanos, pasas, cereais, todo tipo de froitos e case tódolos xeógrafos sinalan a boa pesca que se obtiña nas súas augas. A cidade dispuña de porto, arrabaldes ou barrios extramuros, mercados e unha mesquita maior.

Durante o período no que o territorio de al-Ándalus estivo dividido en diversas taifas, Almuñécar dependeu da de Granada, consolidándose como a principal cidade costeira do seu reino.

Durante o reino nazarí foi un dos núcleos máis importantes, xunto co resto dos lugares do seu distrito: Cázulas, Lentegí, Turillas, Otívar e Jete, a desaparecida alquería de Budíjar, Ítrabo e Jate (cerca de Moscaríl), sendo moi visitada pola realeza que pasaba épocas na residencia real.

Trala caída de Baza en 1489, a Costa de Granada rendeuse ás tropas castelás en decembro dese mesmo ano, baixo as capitulacións asinadas en Almuñécar.

O escudo de armas da cidade, constituído polas cabezas de tres piratas berberiscos que flotan no mar, foi un regalo do rei Carlos I.

Mariña do Leste
Igrexa de Almuñécar

O 21 de setembro de 2007 caeu unha tromba de auga na que se chegaron a contabilizar uns 180 l/m², provocando un morto e cuantiosos danos[1].

Nomes históricos do municipio

[editar | editar a fonte]

O nome antigo do municipio é Sexi, nome da cidade como colonia fenicia e mantido baixo dominio romano. o actual nome procede de Hins-al-Monacar ("rodeada de montañas"), nome dado polos musulmáns ó volver a levantala das súas ruínas no século VIII.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 27.311 habitantes.

  1. "Hallan muerto al desaparecido por la tromba de agua en Granada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2008. Consultado o 24 de xullo de 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]