Ugíjar
Coordenadas: 36°58′N 3°03′O / 36.967, -3.050
Ugíjar | ||
---|---|---|
Igrexa da Virgen del Martirio | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade Autónoma | Andalucía | |
Provincia | Provincia de Granada | |
Comarca | Alpujarra Granadina | |
Xeografía | ||
Altitude | 548 [1] msnm | |
Superficie | 67 [1] km² | |
Demografía | ||
Poboación | 2 619 h.2014 | |
Densidade | 39 h/km² | |
Xentilicio | ulisense,[2] ugijareño ou ulijeño [3] | |
Outros datos | ||
Código postal | 18480 [4] | |
Alcalde | Federico López Maldonado Partido Socialista Obrero Español de Andalucía | |
www.aytougijar.es |
Ugíjar é un concello da comarca da Alpujarra Granadina, na provincia andaluza de Granada.[5] A súa poboación en 2014 era de 2.619 habitantes (1.293 homes e 1.326 mulleres).[6]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Limita ao norte cos termos municipais de Válor e Nevada, ao leste con Nevada e Alcolea, ao sur con Alcolea e Murtas e ao oeste con Alpujarra de la Sierra e Cádiar. O termo municipal está integrado polo núcleo principal, Ugíjar, coas súas barriadas de Las Canteras e Los Montoros.
Demografía[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]
Ugíjar aparece mencionada por primeira vez no século XI nas crónicas de Al-Udri. Elévase ao rango de cidade en 1493.[3] O título concedeullo expresamente pola raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena por Decreto do 1 de maio de 1884.[7] A partir do ano 1972 incorporouse o municipio de Cherín e en 1977 o de Jorairátar.
Cultura[editar | editar a fonte]
Patrimonio[editar | editar a fonte]
Destaca a Igrexa da Virxe do Martirio, do século XVI, erixida colexiata no ano 1501 por bula do papa Inocencio VIII, por petición dos Reis Católicos, e que foi suprimida no ano 1842, quedando reducida a igrexa parroquial.[8] A portada conserva elementos mudéxares.[3]
O Centro de Patrimonio Cultural de la Alpujarra, na praza dos Caños, é un espazo museístico do patrimonio agroindustrial e da arquitectura tradicional.[3]
Gastronomía[editar | editar a fonte]
Entre os pratos de caza é de salientar a perdiz en escabeche. Son afamados os xamóns. Unha das súas receitas máis orixinais leva un mollo con olivas e bacallau. Tamén son coñecidos os turrón e os viños artesáns da bodega Dominio Buenavista.[3]
Política e goberno[editar | editar a fonte]
A corporación municipal, após as Eleccións Municipais de 2015, está composta por 11 concelleiros (4 do PP e 7 do PSOE-A). O socialista Federico López Maldonado é o actual alcalde.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Instituto de Estadística y Cartografía de Andalucía
- ↑ Concello de Ugíjar. Área de cultura e turismo Arquivado 18 de maio de 2015 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Patronato Provincial de Turismo. Diputación de Granada
- ↑ Códigos postais. Correos
- ↑ Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 58, p. 73.
- ↑ 6,0 6,1 Instituto Nacional de Estadística (INE).
- ↑ Ugíjar: 1er centenario de la concesión del título de ciudad, del 1 al 7 de mayo de 1994, 39 pp.
- ↑ Ruiz Fernández, José (2007). "La conversión de la Virgen del Rosario en “Virgen del Martirio”, Patrona de la Alpujarra" p. 509-527 en Religiosidad Popular. V Jornadas, 2010. ISBN 978-84-8108-485-6.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ugíjar ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rincón Carmona, Joaquín (1997). Ugíjar, su lugar en la historia: Parroquia Nuestra Señora del Martirio.