Saltar ao contido

Castilléjar

Castilléjar
 Nome orixinal
    Castilléjar (es) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Castilléjar (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Continente
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.712 (2001) rexistro civil
1.658 (2002) rexistro civil
1.617 (2003) rexistro civil
1.608 (2004) rexistro civil
1.606 (2005) rexistro civil
1.619 (2006) rexistro civil
1.600 (2007) rexistro civil
1.624 (2008) rexistro civil
1.584 (2009) rexistro civil
1.580 (2010) rexistro civil
1.553 (2011) rexistro civil
1.564 (2012) rexistro civil
1.542 (2013) rexistro civil
1.487 (2014) rexistro civil
1.400 (2015) rexistro civil
1.389 (2016) rexistro civil
1.344 (2017) rexistro civil
1.337 (2018) rexistro civil
1.318 (2019) rexistro civil
1.321 (2020) rexistro civil
1.288 (2021) rexistro civil
1.312 (2022) rexistro civil
1.288 (2023) rexistro civil
1.289 (2024) rexistro civil
1.284 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   640 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   678 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   132 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   792 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal18818 Editar o valor en Wikidata
Código INE18045 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap344055 Editar o valor en Wikidata
VIAF316734850 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02z7gm5 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
BNE: XX460881
Wikidata C:Commons

Castilléjar é unha localidade e concello español da provincia de Granada. Está situado no extremo nororiental da provincia, na comarca de Huéscar que, xunto coa de Baza, conforman unha rexión denominada o Altiplano Granadino.

Limita cos municipios de Huéscar, Galera, Cúllar, Benamaurel e Castril. Outras localidades próximas son El Cura e San Marcos.

Dista 136 km de Granada e 175 km de Murcia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está formado polos núcleos de Castilléjar, Los Carriones e Los Olivos.

Situado a 792 msnm, ten unha superficie de 131,33 km². Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 1 289 habitantes.[1]

O seu termo municipal está nunha fértil veiga que se estende ás beiras dos ríos Galera e Guardal, con algunhas das paisaxes de badlands máis espectaculares do Altiplano Granadino.

Conta, ademais, con numerosas casas-cova, tradicionais das rexións de Andalucía Oriental e Murcia.

Aínda que a Igrexa de Nosa Señora da Inmaculada Concepción, as Covas da Mourería e sitios arqueolóxicos como os da Balunca ou da Sacristía posúen un valor innegábel, o patrimonio monumental de Castilléjar non é tan importante como o doutras cidades e localidades históricas. Iso si, o municipio conta cun moi valioso patrimonio ambiental e etnográfico. A verdadeira riqueza patrimonial de Castilléjar está constituída polo tesouro medioambiental que representa a extensa zona esteparia dos badlands, a cultura troglodítica resultante do hábitat en covas, e no aínda hoxe palpábel modo de vida tradicional, froito das singularidades desta localidade.

A zona onde se asenta Castilléjar serviu de hábitat humano desde a Prehistoria, como o demostran os sitios arqueolóxicos das covas de Guardal. Hai vestixios dun poboado ibero, chamado Castro de la Balunca que data dos séculos VI e V a.C.. Posteriormente albergou tribos bastetanas. Os árabes ocuparon o seu territorio ao que chamaban al-Qulayat (alcalá ou "castilleja"), até que en 1488 foi reconquistado polos Reis Católicos e pasou a depender da casa de Alba.

Tras a expulsión dos mouriscos, decretada polo rei Filipe III e efectuada entre 1609 e 1613 (os de Andalucía, en 1610), toda a zona foi repoboada por xentes vindas do norte da península, principalmente do País Vasco, Navarra e Aragón. Por iso son frecuentes apelidos como Abellán, Barea, Carricondo, Ibar, Iriarte, Lizarte, Mañas, Navarro, Uribe ou Vegara.

O nome da localidade foi nun principio o de "Castillexa", e como tal permaneceu até finais do século XVIII, para pasar a denominarse Castilléjar de los Ríos do que quedou só o seu actual topónimo.

  1. ↑ Datos do INE.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]