Narcos (serie de televisión)
Narcos é unha serie de televisión estadounidense creada e producida por Chris Brancato, Carlo Bernard e Doug Miro. A tempada 1, formada por 10 episodios, foi emitida o 28 de agosto de 2015 a través de Netflix.[1] Ambientada e rodada en Colombia, a tempada 1 conta a historia do narcotraficante Pablo Escobar, que se converteu en billonario a través da produción e distribución de cocaína, e das interaccións de Escobar con outros señores da droga e con axentes da DEA.[2][3] A serie foi renovada para unha segunda tempada o 3 de setembro de 2015, a cal se estreou no 2016.[4][5] A terceira tempada estreouse o 1 de setembro de 2017.[6]
O 18 de xullo de 2018, os directores anunciaron que a cuarta tempada sería como unha nova serie orixinal de Netflix, titulada Narcos: Mexico. A nova serie, estreada o 16 de novembro de 2018[7] está ambientada no México da década de 1980.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hollywood Reporter, ed. (1 de abril de 2014). "Netflix Orders 10 Episodes of Pablo Escobar Drama 'Narcos'".
- ↑ Fox News, ed. (2 de abril de 2014). "Netflix Plans To Create Original Series About Colombian Drug Lord Pablo Escobar". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 08 de xaneiro de 2016.
- ↑ Huffington Post, ed. (3 de maio de 2014). "Netflix's 'Narcos' Series On Pablo Escobar 'Will Be Like Nothing Ever Seen Before'".
- ↑ IGN, ed. (6 de xuño de 2014). "Pedro pascal joins Netflix Original Series 'Narcos".
- ↑ Petski, Denise. "'Narcos' Renewed For Season 2 By Netflix". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2018. Consultado o 4 de setembro de 2015.
- ↑ Netflix (14 de xullo de 2017). "Narcos Season 3 Teaser [HD] Netflix". Consultado o 14 de xullo de 2017.
- ↑ Netflix 'Narcos: Mexico'
- ↑ The Hollywood Reporter, ed. (18 de xullo de 2018). "Netflix Releases First Look at Reset 'Narcos: Mexico'". Consultado o 18 de xullo de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Narcos na IMDb (en inglés).