Aethelstan de Kent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aethelstan de Kent
Falecementoanos 850
Ocupaciónmonarca
PaiAethelwulf de Wessex
NaiOsburga
IrmánsEtelsvita, Aethelbald de Wessex, Aethelberht de Wessex, Aethelred I de Wessex e Alfredo o Grande
editar datos en Wikidata ]

Aethelstan, finado en 852, o fillo máis vello do rei Aethelwulf de Wessex, era rei de Kent en 839, so a autoridade de seu pai.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

As ultimas versións da Crónica Anglosaxoa describen a Aethelstan como irmán de Aethelwulf, pero as versións A, B e C, e a Crónica de Etelveardo, afirman que era fillo de Aethelwulf. Algúns historiadores argumentan que é máis probábel que fose un irmán, incluíndo Eric John, en 1966 e Ann Williams, en 1978. No entanto, en 1991, Ann Williams describiuno como fillo de Aethelwulf, e isro é agora xeralmente aceptado polos historiadores, inclusive Frank Stenton, Barbara Yorke, e DP Kirby.

Cando Aethelwulf se tornou rei dos saxóns occidentais en 839 coa morte de seu pai, Egberto de Wessex, nomeou a Aethelstan para gobernar Kent, Essex, Surrey e Sussex. É denominado rei na Crónica anglosaxoa e a crónica de Aethelweard chámao "Rei dos Moradores en Kent, dos saxóns do leste, dos saxóns do Sur e de Surrey". Atestou unha serie de cartas de seu pai como rei os anos de 840.

En 851, Aethelstan e o mordomo Ealhhere derrotaron unha frota viquinga e un exército en Sandwich, Kent, descrito por Frank Stenton como "a primeira batalla naval rexistrada da historia inglesa". A morte de Ealhhere na batalla contra os viquingos ocorreu en 853. Aethelstan non é mencionado despois de 851 e probabelmente morreu antes de Aethelwulf ir para Roma en 855, xa que non foi incluído no réxime de goberno do reino durante a ausencia de seu pai.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • John, Eric (1966). Orbis Britanniae. Leicester University Press. 
  • Keynes, Simon; Lapidge, Michael, eds. (1983). Alfred the Great: Asser's Life of King Alfred & Other Contemporary Sources. Penguin Classics. ISBN 978-0-14-044409-4. 
  • Kirby, D.P. (2000). The Earliest English Kings (Revised ed.). Routledge. ISBN 0-415-24211-8. 
  • Nelson, Janet L. (2004). "Æthelwulf (d. 858), king of the West Saxons". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/39264. Consultado o 23 October 2012.  require subscrición
  • Stenton, Frank (1971). Anglo-Saxon England (3rd ed.). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-280139-5. 
  • Williams, Ann (1979). Brown, R. Allen, ed. "Some notes and considerations on problems connected with the English royal succession 860-1066". Proceedings of the Battle Conference on Anglo-Norman Studies (The Boydell Press). ISBN 0-85115-107-8. 
  • Williams, Ann (1991). "Athelstan king of Kent d. c. 852". En Williams, Ann; Smyth, Alfred P.; Kirby, D. P. A Biographical Dictionary of Dark Age Britain. Seaby. ISBN 1-85264-047-2. 
  • Yorke, Barbara (1990). Kings and Kingdoms in Early Anglo-Saxon England. Seaby. ISBN 1-85264-027-8.