Alfredo García Ramos
Alfredo García Ramos | |
---|---|
![]() Retrato en Vida Gallega, 1934. | |
Nome completo | Alfredo García Ramos |
Nacemento | 7 de febreiro de 1877 e 1877 |
Cumeiro e Vila de Cruces | |
Falecemento | 21 de agosto de 1934 |
Caldas de Reis | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, escritor, político, xurista, avogado e autor |
Irmáns | José García Ramos |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alfredo García Ramos, nado en Cumeiro (Vila de Cruces) o 7 de febreiro de 1877 e finado en Caldas de Reis o 21 de agosto de 1934, foi un xornalista, escritor e xurista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do médico Manuel García Segond e irmán do tamén deputado na Segunda República José García Ramos, Alfredo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1897. Exerceu como avogado en Arzúa e abriu bufete na Coruña en 1899. Colaborou en El Eco de Santiago, Gaceta de Galicia, El Noroeste, La Voz de Galicia, El Látigo, Luz y Sombra, Galicia en Madrid e Galicia da Habana; foi redactor de Diario de La Coruña, do que cheou a ser director. Empezou a súa carreira como fiscal de Santiago de Compostela e logo pasou a ser Xuíz municipal da Coruña en 1903. Foi Secretario da Audiencia da Coruña, Secretario de Goberno e Vicepresidente do Tribunal Supremo e primeiro director do xornal coruñés El Ideal Gallego. Alfredo García Ramos é autor de diferentes tratados xurídicos e económicos centrados principalmente en Galícia. En 1933 presentouse ás eleccións ás Cortes da República como independente por Pontevedra gañando o seu escano e integrándose na coalición Independientes de Derechas, que tiña como portavoz a Abilio Calderón. Gran amigo do xornalista e escritor Alejandro Pérez Lugín, á morte deste, García Ramos foi responsable da reorganización e finalización da novela Arminda Moscoso. Tamén foi responsable da publicación da colección de contos La corredora y la Ruia.
Obras[editar | editar a fonte]
- Estilos consuetudinarios y prácticas económico-familiares y marítimas de Galicia, 1909.
- Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la región gallega, 1912.
- El regionalismo gallego en su aspecto confesional, monárquico y unitario, 1918.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Retrato en Vida Gallega, 1933.
Leonardo Rodríguez e Alfredo García Ramos en Chantada, 1920.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfredo García Ramos |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Cardesín Díaz, José María. "Entre el regionalismo jurídico y el catolicismo social: el Derecho Consuetudinario en Alfredo García Ramos (1908-1910)". En Tórculo Edicións. Galícia e a Historiografía. Santiago de Compostela. pp. 211–242. ISBN 84-8672895-9.
- Lago García, Xosé (1991). Xunta de Galicia, ed. O pensamento de Alfredo García Ramos. Santiago de Compostela. ISBN 84-453-0188-8.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Personalidades da política de Galicia
- Deputados nas Cortes da II República
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Xornalistas de Vila de Cruces
- Nados en Vila de Cruces
- Nados en 1877
- Finados en 1934
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Membros correspondentes da Real Academia Galega