El Globo (1875)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Globo
diario ilustrado

Cabeceira do 1 de marzo de 1878
Fundación25-03-1875
Remata31-05-1932
PropietarioEmilio Castelar
FundadorEmilio Castelar
Tendenciarepublicano (inicialmente), liberal
Linguacastelán
LocalidadeMadrid
Ámbito(España)
Periodicidade2-4 números por semana
Tiraxe25.000 (en 1880)
ISSN2171-0082
Na rede
HemBNE: 0001066898 HemBNE: 1057802
editar datos en Wikidata ]

El Globo foi un xornal matutino español de ideoloxía republicana fundado como o órgano do Partido Demócrata Posibilista de Emilio Castelar.[1] O primeiro número publicouse o 21 de marzo de 1875 e, daquela, levaba o subítulo de «diario ilustrado» e o seu lera era: «instrución, moralidade recreo».[2]

Continuou sen dificultades, ata 1932.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1885, foi adquirido por Eleuterio Maisounave, que será tamén o director e comezará a época máis relevante do xornal, que en 1880 xa tiraba 25.000 exemplares, e convertérase nun dos diarios republicanos e anticlericais máis importantes.[3]

Dende 1890 foi dirixido por Alfredo Vicenti Rey,[4] ata 1895 cando o abandonou en desacordo coa deriva política de Castelar. Durante este período, contou con colaboradores como Ramón María del Valle-Inclán[5] ou Francisco Alcántara Jurado. En 1896 foi adquirido polo Conde de Romanones, que encargou a súa dirección a José Francos Rodríguez.[2] En 1902, pasou a mans de Emili Riu i Periquet, dono da Revista de Economía y Hacienda, que tivo na súa redacción a Azorín e Pío Baroja, que durante 1903 publicou no xornal a novela "La busca" mediante entregas.[6] O xornal tamén contou coas colaboracións de Carme Blanco Trigueros.

Rematou a publicación o 31 de maio de 1932.[7]

Redacción de "El Globo" (1896).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aubert & Desvois (2001), p. 76 e 164
  2. 2,0 2,1 Díaz-Mas, 2012, p. 192
  3. "El Globo (Madrid. 1875)". hemerotecadigital.bne.es. Consultado o 22-02-2019. 
  4. Aneiros Díaz, Rosa (2007). Xornalistas con opinión: 20 biografías. Vigo: Galaxia / Consello da Cultura Galega. p. 77. ISBN 978-84-8288-807-1. 
  5. Exposicion Don Ramon Maria del Valle-Inclan (1866-1898) II. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. p. 5. 
  6. Senabre Sempere, Ricardo (1976). "Notas sobre la elaboración de "La busca"". Archivum. Revista de la facultad de Filosofía y Letras (Oviedo) (26): 391–401. ISBN 84-400-1526-7. ISSN 0570-7218. 
  7. "El Globo (Madrid. 1875)". hemerotecadigital.bne.es. Consultado o 20-02-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aubert, Paul; Desvois, Jean-Michel (2001). Les élites et la presse en Espagne et en Amérique latine des Lumières à la seconde guerre mondiale (en francés). Madrid: Casa de Velázquez. ISBN 978-8495555182. 
  • Cruz Seoane, María (1996). Historia del periodismo en España. 3. El siglo XX: 1896-1936. Alianza Editorial, S.A. ISBN 84-206-8178-4. 
  • Díaz-Mas, Paloma (2012). "El judeoespañol en la prensa española de la Restauración: informaciones en el diario El Globo". Lengua, Llengua, Llingua, Lingua, Langue. Encuentros filológicos (ibero)románicos. Estudios en homenaje a la profesora Beatrice Schmid. En Bürki, Yvette; Cimeli, Manuela: Sánchez, Rosa (coord.). Múnic: Peniope. Verlag Anja Urbanek. pp. 190–202. ISBN 978-3936609561. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • El Globo na Biblioteca Dixital da Comunidade de Madrid.
  • El Globo en memoriademadrid.