Saltar ao contido

Albiorix (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Albiorix
Descubrimento[1]
Descuberta por Matthew J. Holman e o seu equipo.
Descuberta no 2002
Designación alternativa Saturno XXVI
Características orbitais[2]
Época 2000 Feb. 26.00
Eixo semi-maior 16,182 Gm
Excentricidade 0,4770
Período orbital 783 d
(2,15 a)
Inclinación 34,207° *
Características físicas
Diámetro medio 32 km[3] **
Período de rotación ?
Albedo 0,04 [3] asumido
Cor vermello claro (variable)
B-V=0,89 R-V=0,50[4]
Tipo espectral ?
*respecto da eclíptica **baseado no albedo

Albiorix é un satélite irregular de movemento directo de Saturno. Foi descuberto por Holman, e o seu equipo no ano 2000, e déuselle a designación temporal de S/2000 S 11.[5][6] [7]

Albiorix é o membro máis grande do grupo de satélites irregulares Gallic.

Recibiu o seu nome oficial en agosto do 2003 con base a un nome da mitoloxía celta, Albiorix era o nome dun deus tribal, aínda que é máis coñecido por Toutatis[8].

Os grupos de lúas irregulares de movemento directo de Saturno: Gallic (vermello) e Inuit (azul)

Albiorix orbita Saturno a unha distancia do redor de 16 Gm é o seu diámetro está estimado en 32 km, asumindo un albedo do 0,04.

O diagrama ilustra a súa órbita en relación a outras lúas de movemento directo de Saturno. A excentricidade da órbita está representada polos segmentos amarelo que se estenden dende o pericentro ó apocentro.

Dadas a semellanzas dos elementos orbitais e a homoxeneidade das características físicas cós outros membros do grupo Gallic, suxeriuse que estes satélites poderían ter unha orixe común a partir da destrución dunha lúa nai máis grande[4][7].

A variación de cores revelada recentemente suxire a posibilidade da existencia un gran cráter, dando coma hipótese alternativa que Erriapus e Tarvos fosen posibles fragmentos de Albiorix, despois de que este recibise o impacto doutro corpo que case o esnaquiza.[9]

  1. Discovery Circumstances from JPL
  2. Mean orbital parameters from JPL
  3. 3,0 3,1 "Scott Sheppard pages". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2003. Consultado o 07 de xullo de 2003. 
  4. 4,0 4,1 Grav, T.; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; Aksnes, K.; Photometric survey of the irregular satellites, Icarus, 166 (2003), pp. 33-45
  5. IAUC 7545: S/2000 S 11 19 de decembro do 2000 (descubrimento)
  6. MPEC 2000-Y13: S/2000 S 11 Arquivado 09 de xullo de 2008 en Wayback Machine. 19 de decembro do 2000 (descubrimento e efemérides)
  7. 7,0 7,1 Gladman, B. J.; Nicholson, P. D.; Burns, J. A.; Kavelaars, J. J.; Marsden, B. G.; Holman, M. J.; Grav, T.; Hergenrother, C. W.; Petit, J.-M.; Jacobson, R. A.; e Gray, W. J.; Discovery of 12 satellites of Saturn exhibiting orbital clustering, Nature, 412 (12 de xullo do 2001), pp. 163–166
  8. IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus 8 de agosto do 2003 (bautizando a lúa)
  9. Grav, T.; e Bauer, J.; A deeper look at the colors of Saturnian irregular satellites

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]