Xavier Bóveda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xavier Bóveda
Javier Bóveda Pérez 1916.jpg
Nacemento31 de xaneiro de 1898
 Gomesende
Falecemento31 de outubro de 1963
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]
Xavier Bóveda, retrato en Vida Gallega, 1924.

Xavier Bóveda Pérez, nado en Gomesende o 31 de xaneiro de 1898 e finado en Madrid o 31 de outubro de 1963, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi mozo de café, repartidor de periódicos e tipógrafo en El Diario de Orense e marchou a Madrid, onde entrou no círculo de galegos ilustres (como Basilio Álvarez, Nóvoa Santos ou Gabino Bugallal). Regresou a Ourense e en 1923 emigrou a Buenos Aires onde colaborou en Caras y Caretas e La Prensa. Fundou o semanario Mundo Español (1923) e a revista Síntesis (1927). Foi un destacado conferenciante.

Era curmán dos medio irmáns de Eduardo Blanco Amor, con quen tiña boa relación[1].

Obras[editar | editar a fonte]

  • El madrigal de las hermosas, 1916.
  • Epistolario romántico y espiritual, rosario lírico y otros poemas, 1917.
  • Los poemas de los pinos, 1922.
  • De los pazos gallegos, 1922.
  • La luna, el alma y la amada, 1922.
  • Canto a la raza gallega y versos de fe y de silencio, 1923.
  • Penumbras, 1923.
  • Los motivos eternos. Poemas. Buenos Aires: La Facultad, 1927.
  • Humanismo Español (Significación histórica y cultural de España). Buenos Aires: Editorial Mundo Español, 1934.
  • Caos. Acción de nuestro tiempo en tres actos y diez cuadros. Buenos Aires: Ediciones Anaconda, 1937.
  • Galicia madre. Buenos Aires: El Ateneo, 1944. Estrenada en el Teatro Maravillas de Buenos Aires en 1939.
  • El perfecto optimista, 1945.
  • Laura busca un amante. Un honrado padre de familia. Buenos Aires: El Ateneo, 1948.
  • Antología poética de Xavier Bóveda, 1970 (publicado en Buenos Aires nunha edición de Néstor Astur Fernández).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Allegue, G. (1993). Eduardo Blanco Amor. Diante dun xuíz ausente. Vigo: Editorial Nigra. p. 40. ISBN 84-87709-05-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]