Champiñón común
| Champiñón común | |
|---|---|
| Agaricus bisporus Emil J. Imbach 1946 | |
|
Instancia de
| |
|
Subclase de
| |
|
Categoría taxonómica
| |
|
Sinónimo taxonómico
Agaricus bisporus var. eurotetrasporus
Agaricus subfloccosus var. bisporus Agaricus cookeanus Psalliota hortensis Psalliota hortensis f. bispora Psalliota bispora Psalliota hortensis var. bispora Agaricus campestris var. bisporus Agaricus bisporus var. avellaneus Agaricus bisporus var. perrubescens Agaricus bisporus var. albidus Agaricus bisporus var. burnettii Agaricus campestris var. hortensis Psalliota campestris var. hortensis | |
|
Taxon superior
| |
|
Nome curto
| |
|
Basónimo
| |
|
Subdivisións
| |
| Características | |
|
Fonte de
| |
| Clasificación taxonómica | |
| Reino | Fungi |
| División | Basidiomycota |
| Clase | Agaricomycetes |
| Subclase | Agaricomycetidae |
| Orde | Agaricales |
| Familia | Agaricaceae |
| Xénero | Agaricus |
| Especie | A bisporus |
| Identificadores | |
| OTT | 564405 |
| Fontes e ligazóns | |
|
URL de xenoma secuenciado
| |
| Wikidata G:Commons C:Commons | |
O champiñón común ou champiñón de París[1], (do francés champignon) (Agaricus bisporus) é unha especie de fungo basidiomiceto da familia Agaricales, cultivado extensamente para o seu uso en gastronomía. É o cogomelo máis empregado entre os fungos comestíbeis, prestándose en numerosas formas de consumo. Malia a micofobia galega tradicional, o consumo e cultivo do champiñón é común en Galiza hoxe en día[2].
Descrición
[editar | editar a fonte]
A. bisporus presenta un chapeu arredondado e lixeiramente achatado na parte superior. Durante o proceso de crecemento, este se atopa unido ao pé por medio dun anel simple, é dicir virado só cara a base; contra o final da fase de desenvolvemento abre, co que quedan á vista as lamelas típicas das agaricáceas. Estas están ceibas do pé, e co tempo tornan gradualmente dunha cor rosada a unha parda escura. O chapeu pode acadar os 18 cm de diámetro, e o pé até oito de longo e tres de diámetro.
O trazo distintivo de A. bisporus é microscópico: as súas esporas (que miden de 5,5 a 8,5 por 4 a 6,5 µ), de forma elíptica, preséntanse dúas por cada basidio, no canto de catro como é habitual noutros Agaricus.
A variedade cultivada máis frecuentemente, A. bisporus var hortensis, é de cor branca en toda a súa superficie; a carne presenta algúns matices rosados. Esta variedade, orixinaria de Pensilvania —onde un granxeiro a obtivo mediante unha mutación ao chou— desprazou virtualmente do mercado, pola súa mellor adapción á conservación, á orixinal A. bisporus var brunnescens. Dependendo do punto de maduración co que se comercializa, esta última véndese baixo o nome de portobello —máis grande e desenvolvido— ou crimini —en etapa xuvenil—; adoitan presentar un maior tamaño que o mutante branco, e un chapeu é máis largo e achatado, destinándose especialmente ao consumo inmediato.
Cultivo
[editar | editar a fonte]Coma outras especies do xénero, A. bisporus é saprófita. Preséntase en feixes ou fatos apertados, o que fai que a produción por m² sexa elevada. Cultívase polo xeral sobre compost, no que se inocula o micelio, normalmente usando grans de trigo estériles recubertos de hifas do fungo.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]O champiñón común ten un sabor neutro e delicado, cun recendo lixeiramente a noz nos exemplares máis maduros. É popular en gastronomía, incluso en Galiza, e de escaso rendemento calórico, contendo arredor de 20 calorías cada 100 gramos. É relativamente rico en fibra alimentaria, así como en vitamina B6, vitamina C, vitamina D, potasio e niacina. É utilizado na elaboración de pizzas, revoltos, tortillas etc.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]O basónimo de A. bisporus é Psalliota hortensis f. bispora J.E. Lange, 1926. Son tamén sinónimos os nomes científicos a seguir:
- Agaricus bisporus (J.E. Lange) Pilát, 1951
- Agaricus bisporus (J.E. Lange) Singer, 1951
- Agaricus bisporus var. albidus (J.E. Lange) Singer, 1961
- Agaricus bisporus var. avellaneus (J.E. Lange) Singer, 1961
- Agaricus bisporus var. bisporus (J.E. Lange) Pilát, 1951
- Agaricus brunnescens Peck, 1900
- Agaricus campestris var. bisporus Kligman, 1943
- Agaricus campestris var. buchananii Berk., 1860
- Agaricus campestris var. elongatus Berk., 1860
- Agaricus campestris var. hortensis Cooke, 1871
- Agaricus cookeanus Bon, 1985
- Agaricus hortensis (Cooke) Pilát, 1951
- Agaricus hortensis (Cooke) S. Imai, 1938
- Agaricus subfloccosus var. bisporus (J.E. Lange) Hlaváček, 1951
- Psalliota bispora (J.E. Lange) F.H. Møller & Jul. Schäff., 1938
- Psalliota bispora f. albida (J.E. Lange) Treschew, 1944
- Psalliota bispora f. avellanea (J.E. Lange) Treschew, 1944
- Psalliota campestris var. hortensis (Cooke) Lloyd, 1899
- Psalliota hortensis (Cooke) J.E. Lange, 1926
- Psalliota hortensis f. albida J.E. Lange, 1939
- Psalliota hortensis f. avellanea J.E. Lange, 1939
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Champiñón común |
| Wikispecies posúe unha páxina sobre: Champiñón común |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Champiñón (xénero Agaricus)
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kuo, M. MushroomExpert.Com, ed. "Agaricus bisporus: The button mushroom.". Consultado o xaneiro de 2006.