Tortilla de patacas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tortilla")
Tortilla de pataca

A tortilla de patacas tamén coñecida como tortilla española é un prato cociñado, composto basicamente por ovo e pataca, e que adoita levar cebola e sal. Este prato pode combinar con carne, chourizo ou distintos vexetais. Ten un aspecto plano e circular, porque se fai na tixola.

As patacas frítense en aceite ata que están practicamente feitas, e logo mestúranse co ovo batido. A masa resultante bótase de novo na tixola e frítese, máis ou menos dependendo do gusto de cada quen.

A tortilla francesa é aquela que non emprega pataca, e limítase a fritir o ovo batido.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]