BRA Braathens Regional Airlines fundouse no ano 2016 co propósito de unificar as aparencias distintas que anteriormente tiñan Malmö Aviation e Sverigeflyg e ofrecer unha única marca no mercado doméstico sueco. BRA non ten ningún control operacional aeronáustico ou ningún avión seu. En vez diso usa as competencias das súas compañías irmás Braathens Regional Airways e Braathens Regional Aviation.[3]
A principios de abril de 2020 BRA suspendeu todos os seus voos entre o 6 de abril e o 31 de maio en resposta a un brusco descenso da demanda polas recomendacións do goberno sueco e a axencia pública de saúde de que a xente non viaxase pola pandemia da COVID-19.[4]
BRA presentou nos xulgados unha reestruturación da débeda o 6 de abril de 2020[2] e cesou as súas operacións ata novo aviso.[5] A aeroliña reduciu o seu persoal de 600 a 20 traballadores[6] e todos os seus avións están no presente estacionados no aeroporto de Norwich City, no Reino Unido.