Aeroporto de Estocolmo-Bromma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Estocolmo-Bromma
Stockholm-Bromma flygplats

Aeroporto de Bromma.jpg
Vista aérea de Bromma

IATA: BMA – ICAO: ESSB
Sumario
Tipo público
Propietario Swedavia
Cidade/Illa Estocolmo
Localización concello de Estocolmo
Elevación (msnm) 14 metros / 47 pés
Coordenadas 59°21′16″N 017°56′23″L / 59.35444, -17.93972Coordenadas: 59°21′16″N 017°56′23″L / 59.35444, -17.93972
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
12/30 1 668 5 472 asfalto

O aeroporto de Estocolmo-Bromma (IATABMAICAOESSB) é un aeroporto principalmente doméstico situado en Estocolmo. Atópase a 7,4 km ao noroeste do centro da cidade e é o máis próximo á capital (á que tamén serven os aeroportos de ArlandaSkavsta e Västerås). Bromma foi o quinto aeroporto sueco con máis pasaxeiros en 2008, e o terceiro en termos de aterraxes e engalaxes.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante os anos 30 fíxose urxente a necesidade de que Estocolmo tivese un aeroporto propio. As instalacións inaugurounas en 1936 o rei Gustav V e foi o primeiro aeroporto de Europa en ter pistas pavimentadas dende a súa apertura. Durante a Segunda Guerra Mundial avións suecos e británicos voaron cara O Reino Unido dende Bromma. Xa que moitos deses voos levaban refuxiados noruegueses e daneses, o aeroporto converteuse en interesante para os espías alemáns, sendo derrubados por Alemaña dous Douglas DC-3 suecos que engalaran dende o aeródromo durante a guerra.

Unha vez finalizado o conflito o aeroporto floreceu. Dúas destacadas aeroliñas que operaban dende Bromma eran Aktiebolaget Aerotransport (ABA), que posteriormente converteuse no socio sueco de Scandinavian Airlines System (SAS), e Linjeflyg, a principal aeroliña doméstica do país que máis adiante sería mercada por SAS. Porén, a pista do aeroporto era demasiado curta para a era dos reactores e para o tráfico internacional nos anos 60, polo que en previsión construíuse o aeroporto de Arlanda.

Coa apertura de Arlanda en 1960–1962, todo o tráfico internacional transladouse alí e o tráfico doméstico seguíulle en 1983. Bromma converteuse en dominio de reacctores executivos, aviación xeral e escolas de voo ademais de ser usado polo goberno. Varios dos hangares estaban separados da area do aeroporto e foron convertidos en centros comerciais. Co inicio das operacións de Malmö Aviation con conexións a Gotemburgo, Malmö e Londres o aeroporto experimentou unha especie de renacemento. En 2002 inaugurouse unha nova torre de control en Ranhammarshöjden e a terminal descoidada despois de anos de esquecemento foi renovada. O aeroporto experimentou máis melloras en 2005 e agora é capaz de separar pasaxeiros que chegan de dentro e fóra da área Schengen.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
BRA Braathens Regional Airlines Åre-Östersund, Ängelholm, Gotemburgo, Halmstad, Kalmar, Malmö, Ronneby, Sundsvall-Härnösand, Trollhättan, Umeå, Visby, Växjö
British Airways
operado por SUN-AIR
Aarhus
Brussels Airlines Bruxelas
Finnair
operado por Nordic Regional Airlines
Helsinqui