Aeroporto de Kristianstad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Kristianstad
Kristianstad Österlen Airport

IATA: ningúnICAO: ningún
Sumario
Tipo público
Operador Kristianstad Airport AB
Cidade/Illa Kristianstad
Coordenadas Coordenadas: 55°54′43″N 14°05′00″L / 55.911944444444, 14.083333333333
Web http://www.kidairport.com/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01/19 2 215 7 267 asfalto

O aeroporto de Kristianstad (IATA: KID, ICAO: ESMK) é un aeroporto rexional sueco situado ás aforas da cidade de Kristianstad en Escania.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi construído durante os anos 40 para uso militar. No ano 1961 comezou a ser usado pola aviación civil. Estocolmo sempre foi o principal destino por número de pasaxeiros. Tamén operou algúns voos internacionais como Copenhague (antes da construción da ponte de Öresund), Londres, Liubliana, Kaunas e Palanga. O aeroporto pertenceu ao estado sueco ata 2004, pero a día de hoxe é da cidade e do condado de Kristianstad.

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
Sparrow Aviation
operado Amapola Flyg
Estocolmo-Arlanda[1]
Corendon Airlines Estacional: Antalya
Scandjet Estacional: Rijeka, Catania

Notas[editar | editar a fonte]