Aeroporto de Aarhus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Aeroporto de Aarhus
Aarhus Lufthavn

Denmark-Aarhus Airport.JPG

IATA: AAR – ICAO: EKAH
Sumario
Tipo público
Operador Aarhus Lufthavn A/S
Cidade/Illa Aarhus
Localización Tirstrup
Elevación (msnm) 25 metros / 82 pés
Coordenadas 56°18′15″N 010°37′09″L / 56.30417, -10.61917Coordenadas: 56°18′15″N 010°37′09″L / 56.30417, -10.61917
Web https://www.aar.dk/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
10L/28R 2 777 9 110 asfalto/formigón
10R/28L 2 702 8 864 asfalto/formigón
Estatísticas (2014)
Pasaxeiros 457 059

O aeroporto de Aarhus (IATA: AAROACI: EKAH) é un aeroporto civil situado en Tirstrup, Dinamarca, a 36 quilómetros ao nordés da cidade de Aarhus.

Historia[editar | editar a fonte]

O aeroporto foi creado en 1943 polas forzas de ocupación alemás durante a segunda guerra mundial. Posteriormente foi usado como unha base militar durante a Guerra Fría pola forza aérea danesa e doutros países aliadosata os anos 60. A día de hoxe aínda existe un pequeno almacén militar e de cando en vez o aeroporto alberga exercicios de adestramento; o derradeiro exercicio da OTAN foi no ano 2007.[1]

A terminal de pasaxeiros actual é do ano 1981, e foi renovada entre 2007 e 2009 e novamente a finais de 2016. Dende 1946 o aeroporto opera tráfico civil e é a principal porta de entrada para Aarhus. Dende decembro de 2016 a autoridade local da cidade é o principal accionista do aeroporto.[2]

Aeroliñas e destinos[editar | editar a fonte]

Aeroliñas Destinos
British Airways
operado por SUN-AIR
Gotemburgo, Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Bromma
Czech Airlines Praga[3]
Danish Air Transport Chárter: Funchal, Gran Canaria, Palma de Mallorca, Paphos, Preveza, Tenerife-Sur
Ryanair Gdansk, Londres-Stansted
Scandinavian Airlines Copenhague

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hjemmeværnet (ed.). "Flyverhjemmeværnet tjekker porte i Tirstrup". Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  2. Randers Amtsavis (ed.). "Djursland-kommuners ejerskab af Aarhus Lufthavn skrumper". Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 
  3. Prague Airport (ed.). "Czech Airlines to Launch Four New Routes from Prague". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2018. Consultado o 21 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]