Saltar ao contido

Aeroporto de Höga Kusten

Aeroporto de Höga Kusten
Kramfors/Sollefteå Flygplats

IATA: KRF – ICAO: ESNK
Sumario
Tipo público
Propietario municipios de Kramfors e Sollefteå
Operador Höga Kusten Airport AB
Cidade/Illa Kramfors e Sollefteå
Localización Nyland
Elevación (msnm) 10 metros / 33 pés
Coordenadas
Web http://www.hogakustenairport.se/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
17/35 2001 6 565 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 8 735[1]

O aeroporto de Höga Kusten (IATA:KRF, ICAO: ESNK), coñecido tamén como aeroporto de Kramfors/Sollefteå, é un aeroporto sueco situado entre as cidades de Kramfors e Sollefteå, no leste do país.

O aeroporto inaugurouse en 1974 e ten liña directa con Estocolmo dende 1984. Antes de conseguir esta ruta, dende o aeroporto podíanse realizar voos a Sundsvall, e posteriormente abriuse tamén unha ruta cara Umeå. Ata o ano 1997 o aeroporto estivo xestionado polo municipio de Kramfors, apoiado polo de Sollefteå, pero ese ano os dous concellos fundaron unha compañía que a día de hoxe teñen o 50% do aeroporto.[2]

Os pasaxeiros do aeroporto desecenderon dende os 63 000ata os 15 000 entre os anos 2000 e 2008. Gran parte desta perda debeuse á competencia en prezo dos aeroportos de Sundsvall-Härnösand (a 80 km de Kramfors e 110 km de Sollefteå) e de Örnsköldsvik (a 110 km de Kramfors e 120 km de Sollefteå), pero tamén debido á mellora das conexións por estrada e tren con Estocolmo.

A finais de 2006 a aeroliña Nordic Regional comezou a operar en Kramfors e iniciou voos con reactores con avións MD-87 na ruta Gällivare-Kramfors-Arlanda, facendo que as cifras de pasaxeiros aumentaran lixeiramente. Despois da tempada de verán, Nordic Regional non puido continuar a liña debido a problemas económicos. O aeroporto estivo entón sen tráfico durante varios meses, ata que en outubro de 2008 Nextjet comezou a voar a Arlanda.

No ano 2012 o aeroporto recibiu o seu nome actual, Höga Kusten ("costa alta" en sueco), cando se abriu ao trafico a estación de ferrocarril ao lado do aeroporto.

Aeroliñas e destinos

[editar | editar a fonte]
Aeroliñas Destinos
NextJet Estocolmo-Arlanda, Gällivare, Lycksele[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. Transport Styrelsen (ed.). "Flygplatsstatistik". Consultado o 3 de novembro de 2017. 
  2. Höga Kusten Airport (ed.). "About the airport". Consultado o 3 de novembro de 2017. 
  3. Höga Kusten Airport (ed.). "Time table". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2017.