Davide Salvado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDavide Salvado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xullo de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , labrego Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Facebook: oladrondeamorodos Musicbrainz: 7563050d-fcfc-4597-8162-f5d2fdd31239 Discogs: 3566703 Editar o valor em Wikidata


Davide Salvado en 2007 nun espectáculo de cabaré.

Davide Salvado, nado en Marín o 24 de xullo de 1981, é un cantante de música tradicional galega.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ten formación autodidacta, percorrendo a xeografía galega para recoller a música tradicional. No 2004 comezou a formar parte do grupo Ecléctica Ensemble, xunto a Ugia Pedreira, Ramon Pinheiro e Richard Rivera. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda de Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. É cantante na Banda das Crechas.

Achegouse a xéneros como o cabaré. Canda a Pepa Yáñez formou a compañía Cabaret d'Aquí, coa que levaron a cabo espectáculos como Unha noite no muíño non é nada ou O negro vai con todo, xunto a Nacho Muñoz. No mundo do teatro participou na obra As Dunas, do Centro Dramático Galego, e no musical Dillei de Carlos Blanco.

En 2023 lanzou o trío Permita Deus, a canda Cibrán Seixo (violín) e Antonio Casado (guitarra eléctrica).

Recibiu o premio Martín Códax na categoría de música tradicional galega en 2014 e 2017.

Discografía[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Vive en Liulfe (Palas de Rei)[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. de Luneda, ed. (10 de marzo de 2014). "Davide Salvado - Gharghamala - YouTube". Consultado o 3 de decembro de 2014. 
  2. MPAGDP, ed. (18 de agosto de 2012). "Davide Salvado - "Tirioni" ou "canção de cardadores" on Vimeo". Consultado o 3 de decembro de 2014. 
  3. "Fun polo aire (programa 83)". www.crtvg.es. Consultado o 2023-05-17. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]