Ácido hexanoico
| Ácido hexanoico | |
|---|---|
Ácido hexanoico | |
Outros nomes Ácido caproico; ácido n-caproico; C6:0 | |
| Identificadores | |
| Número CAS | 142-62-1 |
| PubChem | 8892 |
| ChemSpider | 8552 |
| UNII | 1F8SN134MX |
| KEGG | C01585 |
| ChEBI | CHEBI:30776 |
| ChEMBL | CHEMBL14184 |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
| Propiedades | |
| Fórmula molecular | C6H12O2 |
| Masa molar | 116,16 g mol−1 |
| Aspecto | Líquido oleoso[1] |
| Olor | a cabra |
| Densidade | 0,929 g/cm3[2] |
| Punto de fusión | −34 °C; −29 °F; 239 K |
| Punto de ebulición | 2 058 °C; 3 736 °F; 2 331 K |
| Solubilidade en auga | 1,082 g/100 mL[1] |
| Solubilidade | soluble en etanol, éter |
| Acidez (pKa) | 4,88 |
| Índice de refracción (nD) | 1,4170 |
| Viscosidade | 3,1 mP |
| Perigosidade | |
| NFPA 704 | |
| Punto de inflamabilidade | 103 °C; 217 °F; 376 K |
| Límites de explosividade | 1,3-9,3% |
| LD50 | 3000 mg/kg (rata, oral) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |
O ácido hexanoico, tamén chamado ácido caproico, é o ácido carboxílico derivado do hexano coa fórmula xeral C5H11COOH. É un líquido oleoso incoloro cun cheiro a graxa, queixo e cera, que lembra o cheiro das cabras[1] ou outros animais similares. É un ácido graxo que se encontra de forma natural en varias graxas animais e aceites, e é un dos compostos químicos que orixina o cheiro desagradable característico da cuberta carnosa que se descompón das sementes da árbore Ginkgo biloba.[3] Tamén é un dos compoñentes da vainilla. O uso principal do ácido hexanoico é a produción de ésteres de aromas artificiais, e na fabricación de hexil derivados, como os hexilfenois.[1]
Os sales e ésteres deste ácido denomínanse hexanoatos ou caproatos.
Non se deben confundir con este outros dous ácidos con nomes procedentes de cabra, como son o ácido caprílico (C8) e o cáprico (C10). Estes dous ácidos, xunto co hexanoico supoñen o 15% das graxas do leite de cabra.
Os ácidos caproico, caprílico e cáprico úsanse na formación de ésteres e tamén como compoñente de aromas de: manteiga, leite, nata, amorodos, pan, cervexa, noces, e outros.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 The Merck Index: An Encyclopedia of Chemicals, Drugs, and Biologicals (11th ed.), Merck, 1989, ISBN 091191028X
- ↑ Rexistro en GESTIS Substance Database da IFA
- ↑ "Ginkgo.html". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2008. Consultado o 27 de febreiro de 2015.

