Ácido gadoleico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ácido gadoleico
Identificadores
Número CAS 29204-02-2
PubChem 5282767
ChemSpider 4445894
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C20H38O2
Masa molar 310,51 g mol−1
Punto de fusión 23–24 °C; 73–75 °F; 296–297 K
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O ácido gadoleico, cuxo nome sistemático é ácido (Z)-icos-9-enoico, é un ácido carboxílico monoinsaturado de cadea liñal con vinte átomos de carbono, coa fórmula molecular C20H38O2. É considerado un ácido graxo ω-11, xa que ten o dobre enlace C=C situado entre o carbono 11 e o 12 comezando polo extremo oposto ao grupo carboxilo, e simbolízase por C20:1 ou C20:1n-11. É un dos ácidos eicosenoicos.

É un composto que é sólido a baixas temperaturas e funde a 23-23,5 °C. A unha presión de 0,1 mm Hg ferve a 170 °C. A súa densidade entre 4 °C e 25 °C, estando en estado sólido, é de 0,882 g/cm3 e o seu índice de refracción a 25 °C é de 1,4597. É insoluble en auga e soluble en acetona, metanol e éter de petróleo.[1]

Foi descuberto no aceite de fígado de bacallau polo químico noruegués Henrik J. Bull en 1906,[2] mentres que a estrutura foi dilucidada polo científico xaponés M. Takano en 1933. Posteriormente tamén se achou en aceites de balea e de tiburón.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. LipidBank - Fatty acid(DFA0123). [Consultado: 13 de outubro de 2018].
  2. Bull, H. Ueber die Trennung der Fettsäuren des Dorschleber‐Oels. Ber. Deut. Chem. Ges., 39, 1906, pàg. 3570.
  3. Gadoleic acid: chemical structure, properties, and food sources. Tuscany Diet.
  4. "Cod-liver oil". Encyclopædia Britannica.