Ácido heptacosanoico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ácido heptacosanoico
Identificadores
PubChem 23524
ChemSpider 21994
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C27H54O2
Masa molar 410,72 g mol−1
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O ácido heptacosanoico, tamén chamado ácido heptacosílico ou ácido carbocérico, é un ácido graxo saturado de cadea liñal con 27 átomos de carbono, coa fórmula molecular C
27
H
54
O
2
, que se simboliza como C27:0.

O ácido heptacosanoico a temperatura ambiente é un sólido que funde a 87,6 °C e ten un índice de refracción de 1,4324 a 70 °C.[1] Foi illado da turba en 1932,[2] e tamén en 1933 da cera montana de Bohemia obtida do lignito e a turba.[3]

Atopouse no sangue e tecidos de pacientes de diferentes trastornos peroxisómicos de orixe xenética, como a enfermidade de Refsum, a adrenoleucodistrofia X, a adrenoleucodistrofia neonatal ou a síndrome de Zellweger.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. LipidBank - Fatty acid(DFA0027) Arquivado 14 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.. [Consultado: 19 de outubro de 2018].
  2. Gieseking, J. E.. Soil Components: Volume 1: Organic Components. Springer Science & Business Media, 2012-12-06. ISBN 9783642659157.
  3. Stadler, A. Mitt. KohlenforschInst. Prag, 5, 1933, páx. 445.
  4. Human Metabolome Database: Showing metabocard for Heptacosanoic acid (HMDB0002063). [Consultado: 19 de outubro de 2018].