Ácido tetratriacontanoico
| Ácido tetratriacontanoico | |
|---|---|
Ácido tetratriacontanoico | |
| Identificadores | |
| Número CAS | 506-50-3 |
| PubChem | 94485 |
| ChemSpider | 85266 |
| ChEBI | CHEBI:76216 |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
| Propiedades | |
| Fórmula molecular | C34H68O2 |
| Masa molecular | 508,902 g/mol |
| Densidade | 0,87 g/cm3 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |
O ácido tetratriacontanoico, tamén chamado ácido géddico ou ácido ghéddico, é un ácido graxo de cadea lineal saturado de 34 átomos de carbono, coa fórmula molecular C
34H
68O
2, que simboliza como C34:0.
O ácido tetratriacontanoico a temperatura ambiente moderada é sólido e funde a 98,4 °C. É soluble en cloroformo, en acetona quente e en benceno quente. O seu nome común de ácido géddico ou ghéddico provén da chamada cera ghedda,[1] segregada por diversas especies de abellas melíferas asiáticas como Apis dorsata e Apis cerana.[2] Tamén se atopa nalgunhas plantas como nas raíces de Macaranga denticulata.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ LipidBank - Fatty acid(DFA0034) Arquivado 21 de febreiro de 2018 en Wayback Machine.. [Consultado: 16 de outubro de 2018]
- ↑ Bogdanov, Stefan. Beeswax: Production, Properties, Composition, Control, 2016-04-01.
- ↑ Huang, Jian-you; Lu, Wen-jie; Tan, Xiao; Lu, Guo-shou; Huang, Zhou-feng. Chemical Constituents from Macaranga denticulata Root. Zhong yao cai = Zhongyaocai = Journal of Chinese medicinal materials, 38, 01-08-2015, páx. 1671–1673.
