Ácido melísico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ácido melísico
Identificadores
Número CAS 506-50-3
PubChem 10471
ChemSpider 10039
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C30H60O2
Masa molecular 452,46 g/mol

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O ácido melísico ou ácido triacontanoico é un ácido graxo de cadea liñal con 30 átomos de carbono, coa fórmula molecular C
30
H
60
O
2
e simbolízase como C30:0.

O ácido triacontanoico a temperatura ambiente moderada é sólido e funde a 93,6 °C. O seu índice de refracción é de 1,4323 a 100 °C. É soluble en cloroformo, disulfuro de carbono e metanol. O seu nome común, ácido melísico, deriva da palabra grega μέλισσα, melissa, que significa abella, xa que está presente no néctar das flores que atraen as abellas.[1] Na natureza atópase en ceras de animais e vexetais.[2]

O ácido melísico ou triacontanoico, xunto con outros ácidos graxos de cadea moi longa pares (de 20 a 30 átomos de carbono) aparecen en pacientes que padcecen doenzas hereditarias como a síndrome de Zellweger, a enfermidade de Refsum, a enfermidade de Menkes ou a adrenoleucodistrofia ligada ao X.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wu, Guoyao. Principles of Animal Nutrition. CRC Press, 2017-11-22. ISBN 9781351646376.
  2. LipidBank - Fatty acid(DFA0030) Arquivado 15 de outubro de 2018 en Wayback Machine.. [Consultado: 15 de outubro de 2018].
  3. Hanninen, Osmo Otto Paivio; Atalay, Mustafa. Physiology and Maintenance - Volume II: Enzymes: The Biological Catalysts of Life, Nutrition and Digestion. EOLSS Publications, 2009-09-23. ISBN 9781848260405.