Ácido behénico
| Ácido behénico | |
|---|---|
Ácido docosanoico | |
Outros nomes Ácido behénico, ácido docosanoico; ácido 1-docosanoico; ácido n-docosanoico, n-docosanoato, Glicón B-70, Ácido hidrofol 560, Hidrofol 2022-55, Histreno 5522, Histreno 9022, Prifrac 2989, C22:0 | |
| Identificadores | |
| Número CAS | 112-85-6 |
| PubChem | 8215 |
| ChemSpider | 7923 |
| UNII | H390488X0A |
| Número CE | 204-010-8 |
| KEGG | C08281 |
| ChEBI | CHEBI:28941 |
| ChEMBL | CHEMBL1173474 |
| Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
| Propiedades | |
| Fórmula molecular | C22H44O2 |
| Masa molar | 340,58 g mol−1 |
| Aspecto | pos ou cristais brancos ou amarelados |
| Punto de fusión | 800 °C; 1 470 °F; 1 070 K |
| Punto de ebulición | 306 °C; 583 °F; 579 K |
| Perigosidade | |
| NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. | |

O ácido behénico[1] ou ácido docosanoico[2][3] é un ácido graxo saturado de 22 carbonos coa fórmula C21H43COOH. Ten a aparencia de cristais ou pos brancos ou cor crema cun punto de fusión de 80 °C[4] e un punto de ebulición de 306 °C.
Como aceite alimentario o ácido behénico absórbese mal.[5]
Fontes
[editar | editar a fonte]É o principal compoñente do aceite de behén co 9% do total, que se extrae das sementes da árbore Moringa oleifera.[6]
O ácido behénico está presente tamén noutros aceites vexetais, como o aceite de colza (canola), o aceite de cacahuete e tamén en aceites de animais mariños[7].
Usos
[editar | editar a fonte]Comercialmente o ácido behénico pode utilizarse para darlle suavidade aos acondicionadores de cabelo e cremas hidratantes[7]. Tamén se usa nos aceites lubricantes e como retardador da evaporación de disolventes, e ceras.
A redución do ácido behénico orixina behenil alcohol.
Debido á súa natureza anfipática, investigouse o seu uso en monocapas ou películas de Langmuir-Blodgett[8] .
O aceite de pracaxi (extraído das sementes de Pentaclethra macroloba) é un produto natural cunha das concentracións máis altas de ácido behénico coñecidas, e úsase en acondicionadores de cabelo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PubChem - Behenic acid
- ↑ ChemSpider - Behenic acid
- ↑ CHEBI
- ↑ "Lexicon of lipid nutrition (IUPAC Technical Report)". Pure and Applied Chemistry 73 (4): 685–744. 2001. doi:10.1351/pac200173040685.
- ↑ Cater NB, Denke MA. Behenic acid is a cholesterol-raising saturated fatty acid in humans. Am J Clin Nutr. 2001 Jan;73(1):41-4. PMID 11124748.
- ↑ http://www.numericana.com/answer/culture.htm
- 1 2 Docosanoic acid. Cayman chem
- ↑ L. Michael Hayden (1988). "Local-field effects in Langmuir-Blodgett films of hemicyanine and behenic acid mixtures". Phys. Rev. B 38 (6): 3718–3721.
