Wikipedia:Non trabes os novatos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Es bo... e pódelo facer mellor.
Por favor, non trabemos aos novatos!

Por favor, non mordas os novatos. Ou, noutras palabras: por favor, non os asustemos. A Wikipedia mellora bastante co traballo pesado dos máis expertos, pero tamén coas contribucións frecuentes de moitos anónimos, acabados de chegar e curiosos das cales moitas veces nin nos damos conta. Todos nós fomos novatos un día, e todos xa cometemos todos ou algúns dos erros máis comúns, incluídos aqueles editores máis coidadosos.

Esas recomendacións poden aplicarse tamén para os expertos que foron iniciantes de veteranos aínda máis antigos; moitos aínda se consideran novatos mesmo despois de meses ou anos de contribucións.

Un novo colaborador pode tornarse un excelente wikipedista ao comprender as regras, políticas e boas prácticas da Wikipedia. Por iso lembra: o novato é un recurso moi precioso para un sistema wiki. Debemos tratar os novatos con moita educación, mesmo cando eles nos irritan. Ao final, os máis expertos xa están acostumados coas políticas internas, coas decisións e outros procedementos; sabemos que todo mundo tende a ser máis sereno co tempo. Para os novatos é todo difícil, todo novo, están en contacto cun mundo totalmente diferente, unha sociedade que ten as súas propias regras coas cales non está acostumado. — Polo tanto, nada de asustar os novatos: podemos estar afastando un potencial xigantesco, sen contar que eles poden incluso difundir unha imaxe distorsionada sobre a realidade na cal realizamos o noso traballo, por pura falta de coñecemento e experiencia. A Wikipedia mal falada entre os amigos causa un efecto dominó negativo, abalando a credibilidade do proxecto que pode ser difícil de recuperar.

Por favor, non mordas os novatos[editar | editar a fonte]

As contribucións problemáticas poden ser útiles pero por descoñecendo das normas e a falta de empatía créanse situacións solucionables coa boa fe.
  • Comprende que os novatos son de moito valor para a comunidade. Grazas a eles temos máis diversidade de información, melloramos as opinións e os ideais da Wikipedia.
  • Non esquezas que o noso lema e o noso convite ao novato debe ser sempre: Sexa ousado! Nós temos un conxunto de regras, de patróns e tradicións, pero non deben aplicarse de tal maneira que desalenten ese convite logo de cara. É perfectamente posíbel que o novato traga para o proxecto unha riqueza de experiencias e outros valores, xunto con ideas e enerxía creativa que non deben limitarse pola forza das regras. Pode ser que as regras precisen de revisión, de expansión ou alteración. Moitas veces acomodámonos ao que xa existe e achamos que é o máis correcto, mais talvez non sexa. Talvez algunha cousa que o novato estea facendo — e que pareza errada nun principio — poida realmente mudar para mellor o proxecto se se analiza con bos ollos! Observa por un tempo, analiza, sen tolerante, pregúntalle ao novato que está tentando facer no canto de hostilizar apuntando un erro ou dicindo que non é desa maneira que se fai. Xoga o xogo wiki, entre na danza: non somos estáticos; debemos ser dinámicos, únete ao novato en vez de excluílo, intégrao na comunidade en vez de deixalo nun recuncho.
  • Se despois dunha análise e comprensión, consideras sinceramente que o novato fixo algo errado, como esquecer de poñer grosa nos títulos, ou non facer ligazóns correctamente, corrixe ti mesmo. Non deas broncas, non apontes o erro, non critiques, nin coloques ligazóns a documentacións de forma abrupta. Lembra que calquera pode editar e debemos ter iso como meta, non é noso obxectivo criticar ou supervisar aos outros. Alén diso, o novato co tempo comprenderá as túas alteracións e seguiráas. Tamén se interesará co tempo polas documentacións e recomendacións que, na verdade, son unha compilación de nosa propia experiencia, e non verdades absolutas e inmutábeis que deben ser seguidas cegamente.
As orellas dos novatos son moi sensibles. Non roas nelas.
  • Se vostede acha que realmente é necesario dar unha información ao novato, se percibes que mesmo co tempo el insiste nalgúns erros, faino con coidado, de forma como se quixeses ser útil e non para criticar. Comeza cun cumprido amigábel, deixa ben claro que o novato é moi benvido e que é moi útil ao proxecto.
  • Algúns acabados de chegar poden asustarse de facer cambios, por medo a danar a Wikipedia, a ofender algún wikipedista ou a causar polémica. Ensínaos a seren ousados e axúdaos a perder a "timidez".
  • Algúns acabados de chegar actúan de forma contraria, fican entusiasmados demais coa capacidade de editar todo e son exaxeradamente audaces. En vez de tentar prohibilos, fai unha análise para verificar se non es ti quen estás parado no tempo e non precisas ser máis ousado. O entusiasmo inicial é importantísimo para concretar os cambios necesarios no proxecto; incentívao.
  • Ao dares consellos, non utilices o ton maduro en que acontecen xeralmente as discusións comúns da Wikipedia. Faino sentirse realmente benvido e non como se debese gañar a túa confianza para entrar nun club particular. Se non conseguimos recibir ben alguén, é común que el pense que somos unha especie de "pandilla". Mesmo que el pense iso, non sexas duro con el, faille entender que somos como unha familia. Todo grupo de persoas, como os expertos , teñen as súas estruturas xa consolidadas que evolúen pouco e deben pasar por revisións periódicas. O novato pode axudar moito nesa tarefa. Moitas veces a Wikipedia madurece moito con algunha acción abrupta dun novato e que non facíamos antes por aquel medo de "estragar o que xa funciona".
  • Non lle chames aos novatos con nomes depreciativos, tales como "‘‘troll’‘", "‘‘Monicreques’‘", "ignorante", "malvado", "sen noción", "patético", "doente", "imbécil", "polemizador", "vándalo", etc. Pensa que iso só empeora, a violencia xera violencia.
  • É moi común que os novatos non saiban ou esquezan de asinar con catro tiles (~~~~). Lembra ser moi sutil ao axudalo nese asunto.
  • Presupoñamos a boa fe por parte do novato. É moi probábel que só queiran axudar, por máis difícil que poida ser entender iso, dálles esa oportunidade!
  • O comportamento que para un wikipedista experto parece ser malicioso é máis probabelmente pura ignorancia das regras, soamente un ‘‘wikistress’‘ temporal ou incluso incompatibilidade de opinións e valores. Aínda que ti teñas un 100% de certeza que alguén ten malas intencións, é un ‘‘troll’‘ ou un vándalo, ‘‘conduce a situación como se el non o fose’‘ (e máis tarde comprenderás que probabelmente non o é), sendo calmo, interesado, respectuoso; desa forma ti promoves o noso proxecto.
  • Lembra que ti fuches novato e talvez gostarías ter sido mellor tratado do que fuches polos máis expertos .