Vermudo I o Diácono
Vermudo I (ou Veremund) foi posiblemente un princeps (nobre poderoso equiparable a un rei) da Galicia alto-medieval que gobernou de 788 a 791. Suponse que o seu alcuño, o Diácono, se debe ao seu pasado de diácono anterior á coroación.
Índice |
Traxectoria[editar]
Se ben desde mediados do século XIX é designado pola historiografía nacionalista española como rei de Asturias, gran parte da historiografía galega desde finais dese mesmo século rexeita tal denominación e prefire chamarlle rei de Galicia[Cómpre referencia].
Durante o seu reinado sofre as razzias musulmás en Álava e Galiza. Após unha dura derrota no Bierzo, abdicou do trono e regresou ao seu antigo estado clerical.
Está considerado polos historiadores como un rei xeneroso, magnánimo e ilustrado para a época[Cómpre referencia].
| Predecesor: Mauregato |
Rei en Galicia 789?-791? |
Sucesor: Afonso II |
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- López Carreira, A; Fernández Cal, T. Os reis de Galicia. A Nosa Terra. Vigo, 2003. ISBN 8496203271.