Aurelio
Aurelio, nado cara ao 740 e finado no 774, foi un nobre galego, que gobernou en boa parte da Galicia alto-medieval desde 768 a 774, segundo as crónicas afonsinas. As súas orixes son un enigma histórico, A Crónica Albeldense non dá ningún dato sobre a súa ascendencia, e a Crónica de Afonso III, escrita maís de cen anos despois explica que era curmán de Froila I, posiblemente co obxectivo de facelo entroncar con Afonso I e a súa mítica liñaxe real dende Leovixildo.
Índice |
[editar] Ascenso ao trono
Foi elixido pola nobreza para suceder a Froila I, asasinado nunha revolta palatina por unha facción. O fillo de Froila, Afonso (máis tarde Afonso II foi alonxado do trono.
[editar] Movementos sociais antiseñoriais
As crónicas transmiten a noticia dos primeiros movementos sociais de contestación antiseñorial da Idade Media peninsular. Os servos erguéronse contra os seus señores, acabando por seren submetidos por Aurelio. A localización desta rebelión é descoñecida, se be está fora de dúbida que debeu ter grande importancia, posto que fora rexistrada nas crónicas.
[editar] Fin do reinado
Aurelio faleceu de morte natural, e sen descendencia, en Langreo. Foi sucedido por Silo I, quen casara con Adosinda (prima de Aurelio e filla de Afonso I
| Reino de Asturias | ||
|---|---|---|
Segue a: Froila I |
Aurelio | Precede a: Silo I |
| Astur-Leonesa | ||
[editar] Bibliografía
- Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
- Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
- Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
- Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN 978-84-936218-1-0.
|
|||||