Miñoca
| Miñoca | ||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación Científica | ||||||||
|
As miñocas son animais anélidos (Annelida) da clase Oligochaeta, distribuídas polos solos húmidos de todo o mundo, algunhas de a penas centímetros e outras de case dous metros. O seu corpo está formado por aneis (segmentos corporais).
Viven soterradas: son animais subterráneos, escavan galarías e canles, buscando abrigo e restos vexetais, que constitúe o seu principal alimento, inxerido con grandes cantidades de terra. Aliméntanse de detritos de varias orixes, que compoñen o humus.
As miñocas teñen o corpo cilíndrico, alongado, coa boca e o ano en extremidades opostas; e un anel máis claro, o clitelo, mais próximo á rexión anterior.
Pasando o dedo na súa rexión ventral, de atrás cara a cabeza, séntese a pel do animal áspera, debido á presenza de fileiras de microscópicas cerdas de quitina. As miñocas fixan as puntas das cerdas no solo, facilitando o seu arrastramento, cando contrae a forte musculatura da parede do corpo.
A epiderme das miñocas está cuberta por unha fina cutícula de quitina e produce bastante moco, o que a torna viscosas, diminuíndo o roce co solo e facilitando o arrastramento. O moco aínda protexe a pel cando entrea en contacto con substancias tóxicas ou nocivas e garante a humidade indispensable para os intercambios dos gases respiratorios en toda a superficie do corpo. Esta é a chamada respiración cutánea.
Órganos internos [editar]
As miñocas teñen un aparato dixestivo completo, que se inicia na boca e termina no ano. Na súa porción anterior hai unha gran cámara, o papo, seguida dunha moela, que tritura o alimento. Segue un longo intestino, ata o ano, no último segmento.
O sistema circulatorio é pechado, cunha gran rede de vasos moi finos, os capilares, baixo a pel, para o intercambio de gases co ambiente. O sangue das miñocas é vermello, por causa da hemoglobina, o mesmo pigmento encontrado nos glóbulos vermellos dos vertebrados.
En cada segmento do corpo hai unha cámara interna, chea de un líquido acuoso. De aí son retiradas substancias de excreción, a través de órganos especiais que se abren na pel, por poros microscópicos.
O sistema nervioso está representado por ganglios cerebroides dorsais na parte anterior do corpo que se unen á cadea nerviosa ventral mediante dous conectivos circunesofáxicos. A cadea nerviosa ventral está formada tamén por ganglios. Os ganglios están formados por grupos de células nerviosas que funcionan como centros de coordinación das diversas funcións no corpo do animal.
A reprodución das miñocas [editar]
As miñocas son hermafroditas, pois cada individuo ten testículos e ovarios. Así e todo, o animal non se reproduce só, depende sempre da unión con outro para o intercambio de espermatozoides, o que se denomina fecundación cruzada. Na cópula, os dous animais únense polo clitelo, que produce bastante moco. Feito o intercambio de espermatozoides, os dous vermes sepáranse. En seguida, cada un dos vermes produce un casulo cheo de ovos, depositándoo no solo. Despois dalgúns días, pequenos vermes saen dos casulos.