Tomate de árbore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tomate de árbore
Tomates de árbore amarelo e vermello
Tomates de árbore amarelo e vermello
Estado de conservación
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Angiospermae
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Xénero: Solanum
Especie: Solanum betaceum
Nome binomial
Solanum betaceum
Cav. Anales Hist. Nat. 1: 44. 1799.
Sinonimia

Os nomes a seguir considéranse sinónimos de Solanum betaceum (fornécese cita orixinal e localización do exemplar tipo).[1]

  • Solanum crassifolium Ortega; Hort. Matr. Dec. 9: 117. 1800. non Solanum crassifolium Lam. (1794), nec Salisb. (1796). Tipo: España, cultivado en Madrid
  • Pionandra betacea (Cav.) Miers; London J. Bot. 4: 358. 1845 Tipo: Baseado en Solanum betaceum Cav.
  • Cyphomandra betacea (Cav.) Sendtn.; Flora 28: 172, tab. 6, figs. 1-6. 1845 Anon., Bull. Misc. Inform. 2. 1887; J. D. Hook., Bot. Mag., ser. 3, 60, Tab. 7682. 1899
  • Cyphomandra procera Wawra; Oesterr. Bot. Zeitschr. 7: 221. 1863 Tipo: Austria, cultivado en horta Schönbrunn
  • Solanum insigne Lowe; Man. Fl. Madeira 2(1) : 84. 1868. Lowe, J. Roy. Hort. Soc. N. S. 1(4): 178. 1867. Tipo: Madeira, cultivado en Caminho do Torriao, Funchal, maio 1871 (st), Lowe s.n. (lectotipo, BM, designado por Bohs, 1994)
  • Cyphomandra crassifolia (Ortega) Kuntze; Revis. Gen. Pl. 3(2): 220. 1898. Tipo: Baseado en Solanum crassifolium Ortega
  • Cyphomandra crassifolia (Ortega) J.F.Macbr.; Publ. Field Mus. Nat. Hist., Bot Ser. 8: 112. 1930. Tipo: Baseado en Solanum crassifolium Ortega

O tomate de árbore ou tomatillo (Solanum betaceum) é un arbusto de 3 a 4 m de altura, con casca cinsenta e follaxe perenne, orixinario dos Andes, no Perú e Colombia,[2] Ecuador, Bolivia e Arxentina.

O seu rango nativo non está resolto. As subpoboacións putativas bravas son pequenas, en áreas restrinxidas da Arxentina e de Bolivia. Cultívase nos Andes, sur de Europa, África, Nova Zelandia. É imprescindíbel dispor de espécimes silvestres para a súa conservación, melloramento e estudo.[3]

Non é un cultivo de Europa, mais comeza a aparecer nalgunhas hortas galegas e portuguesas de xeito illado, adaptándose ben. En Portugal recibe o nome de tomate inglês.

Descrición[editar | editar a fonte]

Ten follas alternas, enteiras, nos extremos das pólas, con pecíolo robusto de 4 a 8 cm de lonxitude. O limbo presenta de 15 a 30 cm de lonxitude, con forma ovalada, acuminado, de cor verde escura, un pouco áspero ao tacto. As follas novas teñen unha fina pubescencia en ambas as dúas faces. A nerviación é marcada e sobresaliente. As flores son pequenas, de 1,3 a 1,5 cm de diámetro, de cor branco-rosáceo, dispostas en pequenos acios terminais . Teñen 5 pétalos e 5 estames amarelos. Florea en maio-xuño. O froito é unha baga ovoide de 4 a 8 cm x 3 a 5 cm, cun longo pedúnculo no que persiste o cáliz da flor. A pela é lisa, de cor vermello ou alaranxado na madureza, con estrías de cor máis clara. A polpa é zumarente, algo aceda, de cor laranxa, a vermella, con numerosas sementes. Os froitos son comestíbeis, podendo comerse crus directamente ou en ensaladas ou preferibelmente se cociñan para preparar zumes, doces e sobremesas. Fornecen ferro, potasio, magnesio, fósforo e vitaminas A, C e E.

Adaptacións e requirimentos climáticos[editar | editar a fonte]

Medra en climas de bosque húmido montano con temperaturas entre os 13 e 24 °C, con pluviometría de 600 a 1500 mm anuais; entre os 800 e 2800 msnm. É moi sensíbel ás xadas, aos ventos e mais ás secas. Require solos francos areentos, con boa drenaxe, ricos en materia orgánica e responde ben á fertilización.

Usos[editar | editar a fonte]

Os usos medicinais que se lle dan en Colombia e o Ecuador están relacionados coas afeccións de gorxa e gripe. O froito ou as follas, previamente quentadas, aplícanse en forma tópica contra as anxinas (inflamación de amígdalas) especialmente. Para a gripe, cómpre consumir o froito fresco en xexún. Sábese que o froito posúe alto contido de ácido ascórbico. Outra propiedade atribuída é como remedio de problemas hepáticos en Xamaica e Bolivia. En Venezuela utilízase este froito para elevar la hemoglobina, no tratamento da anemia. No Ecuador e outros países utilízase o froito para realizar zumes de froita,[4] pódese utilizar cociñado ou non. Soe realizarse mollo de pemento do mesmo xeito con este froito.

Multiplicación e cultivo[editar | editar a fonte]

Multiplícase por sementes, que xermolan con moita facilidade. Medra axiña, dando froitos ao ano da sementeira e continuamente durante 48 meses. Recoméndase cultivalo en clima frío a 1400-2400msnm.

Os principais produtores son Portugal, Colombia, Brasil, Nova Zelandia, Kenya, Suráfrica, California, India e Sri Lanka. No Brasil, a froita cultívase en quintais, principalmente nos estados da Bahia, de Minas Gerais e de São Paulo. Na Bahia recibe o nome de "tomatão" e en São Paulo de "tomate francês". Na rexión sur de Minas Gerais é popularmente coñecida como "tomate de árvore" ou "sangue de boi". No Paraná outro nome que recibe é o de "tomate japonês". En Portugal tamén é coñecida como "tomate Inglês".


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tomate de árbore
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tomate de árbore