Macerata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centro histórico de Macerata.

Macerata é unha comuna e cidade de Italia, e sede diocesana, que se localiza na Rexión de Marcas, no leste do país. Atópase a unha altitude de 315 msnm. Macerata é a capital da provincia do mesmo nome.

A poboación do municipio é de 43.056 habitantes (2009) e a superficie é de 92 km², polo que resulta unha densidade de poboación de 460 hab./km².

Ten lindes cos concellos de: Appignano, Corridonia, Montecassiano, Montelupone, Morrovalle, Pollenza, Recanati, Tolentino, Treia

A Universidade de Macerata é unha das máis antigas do mundo, xa que foi fundada en 1290 coa proclamación do edito en toda a rexión de Bartolo da Sassoferrato, que anunciaba a creación dunha escola de dereito na cidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Macerata