Fabian Cancellara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fabian Cancellara en 2007.
Cancellara líder do Tour.
Cancellara campión do mundo.

Fabian Cancellara, nado o 18 de marzo de 1981 en Berna, é un ciclista suízo de orixe italiano. Fíxose profesional con 19 anos de idade, salientando axiña como contrarreloxista. Co paso dos anos foise convertendo no máximo especialista mundial na loita contra o cronómetro.

Palmarés[editar | editar a fonte]

O extenso palmarés de éxitos na carreira de Fabian Cancellara comezou pouco tempo despois de facerse profesional, aínda con 19 anos, acadando a medalla de prata na proba contrarreloxo dos mundiais de ciclismo sub-23 do ano 2000 celebrados na localidade francesa de Plouay. Os éxitos máis salientables da súa carreira son os seguintes:

  • 4 campionatos do mundo de ciclismo contrarreloxo (en 2006, 2007, 2009 e 2010). MaillotMundialCrono.PNG MaillotMundialCrono.PNG MaillotMundialCrono.PNG MaillotMundialCrono.PNG
  • 7 campionatos de Suíza de ciclismo contrarreloxo (en 2002, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e 2012). MaillotSuiza.PNG MaillotSuiza.PNG MaillotSuiza.PNG MaillotSuiza.PNG MaillotSuiza.PNG MaillotSuiza.PNG MaillotSuiza.PNG
  • 2 campionatos de Suíza de ciclismo en ruta (en 2009 e 2011). MaillotSuiza.PNG MaillotSuiza.PNG
  • 1 ouro olímpico de ciclismo contrarreloxo (en 2008). Gold medal olympic.svg
  • 1 prata olímpica de ciclismo en ruta (en 2008). Silver medal olympic.svg
  • Gañador da París-Roubaix en 2006 e 2010.
  • Gañador da Milán-San Remo en 2008.
  • Gañador da Tirreno-Adriático en 2008.
  • Gañador do Tour de Flandres en 2010.
  • Gañador da Volta a Suíza en 2009.

Nas Grandes Voltas[editar | editar a fonte]

Carreira 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012
Giro de Italia - - - - - - Ab. - Ab. - - -
Tour de Francia - - - 109º 128º - 100º 65º 91º 121º 119º Ab.
Vuelta a España - - - - - Ab. - - Ab. Ab. Ab. -
  • Ab. = Abandono da carreira.
    = Non participou.

Premios[editar | editar a fonte]

Fabian Cancellara foi honrado en 2010 co premio Vélo d'or (bicicleta de ouro), que recoñece ó mellor ciclista do mundo. Nos anos 2007 e 2008 quedou na segunda posición, e en 2006 e 2009 na terceira.

Equipos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]