Tintagel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tintagel - Tre war Venydh")
Vista de Fore Street na vila.
Restos arqueolóxicos do castelo de Tintagel, lendario lugar de nacemento do Rei Artur.

Tre war Venydh (en córnico, Tintagel en inglés, Dintagell na pronuncia córnica e orixinalmente Trevena) é unha parroquia civil e unha vila situada na costa atlántica de Cornualles no Reino Unido. Segundo o censo de 2001, a parroquia tiña unha poboación de 1,820 habitantes e unha superficie de 17,32 km².

Materia de Bretaña[editar | editar a fonte]

Tanto a vila como o castelo de Tintagel están tradicionalmente asociados coas lendas existentes sobre o Rei Artur e os Cabaleiros da Táboa Redonda. Isto fixo que a vila se convertese nos últimos anos nun gran foco de atracción para o turismo e un dos lugares más visitados de Gran Bretaña.

Foi nomeada por vez primeira como un dos posíbeis lugares de orixe do Rei Artur polo historiador galés Geoffrey de Monmouth no seu libro Historia Regum Britanniæ. O poeta inglés Alfred Tennyson tamén relacionou da mesma maneira ó rei coa vila na súa obra Idilios do rei.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]