Castelo de Tintagel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Tintagel

Editar o valor em Wikidata
Coordenadas50°40′06″N 4°45′39″O / 50.6683, -4.7608Coordenadas: 50°40′06″N 4°45′39″O / 50.6683, -4.7608
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalFoi construído durante o período normando en Inglaterra, entre os séculos XI e XII. As características típicas desta arquitectura inclúen arcos de medio punto, alicerces robustos e motivos xeométricos decorativos, nun estilo chamado "arquitectura normanda", de transición entre o románico e o gótico.
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Tintagel (en córnico: Dintagel, que significa "forte de constrición") é unha fortificación medieval situada na península da illa de Tintagel, preto da aldea de Tintagel, no norte de Cornualla, Gran Bretaña.

Historia[editar | editar a fonte]

O sitio arqueolóxico posiblemente estivo ocupado en época romano-británica, xa que na península se atoparon moitos artefactos daquel período, aínda que non se atoparon estruturas romanas no lugar. Posteriormente foi ocupada na Idade Media, cando probablemente serviu de residencia estacional para os reis de Dumnonia. No século XIII, un castelo foi construído no lugar por Ricardo de Cornualla, cando Cornualla xa estaba conquistada polo Reino de Inglaterra. Despois foi abandonado e hoxe está en ruínas.

As investigacións arqueolóxicas das ruínas comezaron no século XIX e acabou converténdose nun atractivo turístico. Na década de 1930, as escavacións revelaron evidencias de vivendas moito máis antigas do que se pensaba, que apuntan a conexións coa rexión mediterránea ao final do dominio romano.

O castelo de Tintagel converteuse nunha atracción turística desde mediados do século XIX. Propiedade de Carlos III, o sitio está actualmente xestionado por English Heritage.

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

O castelo foi asociado con lendas relacionadas co rei Artur, unha tradición iniciada no século XII por Geoffrey de Monmouth,[1][2] que á súa vez o describiu como o lugar onde Arturo foi concibido no seu libro pseudohistórico Historia Regum Britanniae. Geoffrey di que, a través da feiticería de Merlín, o pai de Arturo, Uther Pendragon, disfrazouse de Gorlois, duque de Cornualla, e deitouse con Igraine, a nai de Artur.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Castelo Tintagel e a lenda do Rei Arthur na Inglaterra". Londres Tour Turismo (en portugués). Consultado o 2022-12-27. 
  2. "O VERDADEIRO CASTELO DO REI ARTHUR - Tintagel". Consultado o 2022-12-27. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]