Cidade de Londres
| Mapa | |
|---|---|
| Información | |
| Estado | |
| País | Inglaterra |
| Condado | Gran Londres |
| Capital | Cidade de Londres |
| Superficie | 2,90 km2 |
| Poboación | 7.900 (est. 2008) |
| Densidade | 2.724 h/km² |
| Alcalde | Nick Anstee |
| Web oficial da Cidade de Londres | |
A Cidade de Londres (City of London en inglés e máis informalmente a City ou Square Mile por mor de que a superficie é de preto dunha milla cadrada) é unha pequena área dentro do Gran Londres, no Reino Unido.
[editar] Características
Constitúe o núcleo histórico de Londres, arredor do cal medrou a conurbación moderna e está declarada cidade dende hai séculos.[Cómpre referencia] Os seus límites mantéñense practicamente inalterados dende a Idade Media e no século XXI forma unha moi pequena parte da metrópole de Londres, a pesar do cal continúa a ser unha das súas zonas máis salientables. A Cidade de Londres é un dos distritos financeiros máis importantes de Europa xunto con La Défense, en París.
Na época medieval a City constituía a extensión total de Londres, pero este último termo é empregado actualmente para se referir a unha conurbación moito máis grande que contén a City e os 32 distritos de Londres (A City no é estritamente un distrito de Londres xa que posúe un status especial), entre os que se atopa Westminster. A City continúa a ser parte do centro de Londres, pero exceptuando os servizos financeiros, as máis das funciones metropolitanas londinienses están concentradas no West End. A poboación residencial da City é menor aos 8.000 habitantes, pero a cantidade de persoas que traballan aló é de arredor de 320.000.