Siddhartha Gautama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Siddharta Gautama")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Príncipe Siddharta, Gandhara, século II

Siddhārtha Gautama (este é o nome en sánscrito, sendo Siddhāttha Gotama en pali) foi un príncipe que viveu do 563 a.C. ata o 483 a.C., no reino de Shakya - que hoxe en día sería parte da fronteira do Nepal coa India. Foi o fundador do budismo, e recoñecido universalmente polos budistas como o Supremo Buda da nosa era.

Gautama era o seu nome de familia, Siddhārtha significa "aquel cuxos obxectivos son alcanzados".

Casou aínda novo con Yasodhara, tivo un fillo que chamado Rāhula (obstáculo) e, aos 29 anos, decidiu deixar a vida palaciana para vivir como un asceta na floresta. Practicou meditación e severas austeridades durante 6 anos ata que, aos 35 anos, tivo unha experiencia relixiosa á cal lle deu o nome de iluminación. A partir de aí pasou a ser coñecido como o Buda, máis especificamente como Buddha Śākyamuni (o sabio dos Śākya).

Viveu ata os 80 anos de idade, transmitindo os seus ensinamentos e conquistando unha grande lexión de discípulos, monxes ou leigos (sen ordenación monástica). Gautama foi contemporáneo de Mahavira co cal, segundo fontes relixiosas e históricas, trabou algúns diálogos como opositores.

Estudos arqueolóxicos e antropolóxicos actuais parecen confirmar que, na verdade, Siddhartha Gautama non foi un príncipe senón o fillo do dirixente dunha das varias repúblicas aristocráticas que existían na India daquela. A versión de príncipe, con todo, é aceitada normalmente polas diversas escolas budistas, inclusive por conta dos mitos do inconsciente colectivo que se manifestan noutras historias en diferentes rexións do planeta.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]