Gene Hackman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gene Hackman

Gene Hackman, nado o 30 de xaneiro de 1930 en San Bernardino, California, é un actor e escritor estadounidense gañador do Óscar e do Globo de Ouro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse na década dos 60, e acadou sona durante os anos 70, despois do seu papel en French Connection filme que lle reportou o seu primeiro premio Óscar, e continuou aparecendo en papeis de grande importancia en filmes de Hollywood, demostrando así as súas facultades interpretativas en títulos como Superman, Bat 21, Heist ou The Royal Tenenbaums.