Clint Eastwood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clint Eastwood
Nome completoClinton Eastwood
Nacemento31 de maio de 1930
LugarSan Francisco
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaPobo inglés e Neerlando-americano
RelixiónDeísmo, budismo e ateísmo
Educado enLos Angeles City College, Seattle University, Oakland Technical High School e Piedmont High School
PaiClint Eastwood Sr.
NaiMargaret Ruth Runner
Cónxuxe(s)Dina Eastwood e Maggie Johnson
FillosKyle Eastwood, Alison Eastwood, Scott Eastwood, Francesca Eastwood, Morgan Eastwood, Kathryn Eastwood e Kimber Lynn Eastwood
Profesiónprodutor de cinema, actor de cinema, director de cinema, gastrónomo, compositor, aviador, piloto de helicóptero, músico de jazz, actor de xénero, guionista, actor de televisión, compositor de cancións, compositor de bandas sonoras, activista pola paz, soldado, cantante, alcalde, actor e realizador
Na rede
IMDB: nm0000142 Allocine: 1146 Rottentomatoes: celebrity/clint_eastwood Allmovie: p88601 33326 Metacritic: person/clint-eastwood TV.com: people/clint-eastwood
Twitter: RealEastwood Musicbrainz: dc5dc215-bb90-4579-a13a-3a564b265546 Songkick: 126303 Discogs: 550011 Allmusic: mn0002411386 WikiTree: Eastwood-72 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Clint Eastwood, nado en San Francisco (California) o 31 de maio de 1930, é un actor, produtor e director de cine estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron Clinton e Ruth, establecidos en Piedmont. Entre 1934 e 1939 [1] a familia moveuse frecuentemente na procura de traballo, eran os anos da Gran Depresión e finalmente conseguiron establecerse de novo en Piedmont. Mentres realizaba os seus estudos secundarios traballaba fóra do instituto para ter diñeiro para as súas afeccións. Non era un bo estudante e os seus pais decidiron que fose a un instituto de formación profesional graduándose en 1949.

Realizou o servizo militar como instrutor de natación en Fort Ord. Isto permitiulle aforrar uns dólares, cos que puido pagarse unhas clases de arte dramática en Los Angeles College.

Foi fortemente influenciado por dous amigos que coñeceu no campamento militar, David Janssen que sería famoso polo seu papel como actor na serie O fuxitivo, e Martin Milner, que realizou outra serie titulada A vida de Ritley".
Coa axuda deles logrou un contrato coa Universal de 76 dólares semanais, garantidas corenta semanas ó ano de traballo nos seus estudios. Nesa época os grandes estudios tiñan unha política chamada Star System, coa que se encargaban de formar e puír ás futuras estrelas.

En 1953 casou con Maggie Johnson, nai dos seus fillos Kyle e Alison, e un ano despois, debutou nunha película chamada Revenge of the creature co director Jack Arnold, repetindo con el na película Tarantula. Tamén en 1955, traballou en películas como Francis in the navy (de Arthur Lubin) ou Lady Godiva.

Pasou seis anos traballando en televisión, na serie Rawhide. Isto fixo que a súa innegable apostura se fixese popular nos medios.

Pero o seu gran salto á fama foi en 1963, cando James Coburn rexeitou o papel protagonista de Magnificent Stranger de Sergio Leone, rodada en Almería. A película acabou titulándose Por un puñado de dólares. Eastwood tivo que achegar o seu propio vestiario, comprando o poncho que sería famoso nas seguintes películas de Leone.

Cos famosos Spaghetti Westerns Por un puñado de dólares, Per qualche dollaro in più e O bo, o feo e o malo, Clint Eastwood cobrou 270.000 dólares. Eastwood estampa nestas películas a súa clásica figura de duro e sen piedade.

No seu país traballou nesta primeira época con actores do talle de Richard Burton, Lee Marvin, Shirley MacLaine, Telly Savalas ou Donald Sutherland, consagrándose como unha estrela de acción do celuloide.

En 1971 dirixe a súa primeira película, Play Misty for Me.

Nese mesmo ano Don Siegel ofrécelle o papel que marcará a súa carreira interpretativa, Harry o sucio, no que retorna ó home duro e sen piedade das anteriores películas, pero convertido en axente da lei. Máis tarde virían Harry o forte (1973) e Harry o executor, ambas secuela da serie.
Con estas actuacións Eastwood consagrouse definitivamente como estrela do cine e que o enmarcaron como duro. Nos 80, seguindo no papel de Harry, faría Impacto súbito (1983, tamén dirixida por el) e Harry o sucio na lista negra.
Nun principio pensouse para ese papel en John Wayne pero non quixo ó pensar que podería ser negativo para a súa imaxe pola súa polémica "violencia gratuíta".

Reavivando a pobre lapa do western, realiza dúas películas Joe Kidd e Inferno de covardes, a súa segunda película como director.

Por temor a ser encadrado no papel de machista e fascista, elixe interpretar películas como Un botín de 500.000 dólares, The Eiger Sanction ou O fóra da lei.

En 1986 entra na vida política como alcalde de Carmel, a cidade onde reside habitualmente, abandonando o cargo un ano despois pola falta de tempo para realizar as súas películas.

En 1988 crea a súa propia produtora Malpaso Productions.

A súa vida sentimental cambia mentres roda Ruta suicida ó coñecer á actriz Sondra Locke, da que terminaría namorándose e provocando a ruptura con Maggie Johnson despois de 35 anos de matrimonio.

A relación sentimental entre Sondra e Clint termina en 1989 debido ó seu romance coa tamén actriz Frances Fisher, coa que ten unha filla. Sete anos despois termina casando coa xornalista Dina Ruiz.

Experimentando como director e evolucionando cara a unha etapa máis creativa realiza varias películas seguidas, interpretadas por el mesmo, como Firefox, Sudden Impact, Pale Rider e finalmente O sarxento de ferro.

Polo seu puído e exitoso traballo recibiu en 1991 o Premio Irving G. Thalberg á súa traxectoria na gala de entrega dos Óscar.

A partir dese momento dirixe unha serie de películas que o converten nun dos directores máis destacados dos 90: tras Bird e White Hunter Black Heart, dirixe a que algúns consideran a súa mellor película, Sen perdón, galardoada cun Globo de Ouro ó mellor director e catro Óscars, entre eles o de mellor película e mellor director, sendo tamén candidato como mellor actor.

En A Perfect World volve a dirixirse a si mesmo, compartindo cartel cun dos intérpretes de moda nese momento, Kevin Costner. Despois filmou As pontes de Madison, onde a súa calidade interpretativa se reafirma compartindo cartel con Meryl Streep.

Dirixe á súa propia filla en Midnight in the Garden of Good and Evil (1997) e no 2000 xunto a Tommy Lee Jones, Donald Sutherland e James Garner, protagoniza e dirixe Space Cowboys, segunda película con máis éxito de público dos Estados Unidos ese ano.

Mystic River, película que dirixe en 2003, significa a volta de Eastwood ó cine comprometido. Con esta película consegue seis candidaturas ós Óscar, entre elas a de mellor película e mellor director, gañando dous premios (ó mellor actor e ó mellor actor secundario).

En 2004 dirixe e protagoniza Million Dollar Baby, película que reedita o éxito colleitado con Sen perdón, e coa que gaña o seu segundo Óscar como mellor director, ademais de conseguir o Premio á mellor película.

En 2006 volve á súa faceta como director e dirixe Bandeiras de nosos pais (baseada na novela escrita por un fillo dun dos superviventes da batalla) e Cartas de Iwo Jima. As películas contan as experiencias da Batalla de Iwo Jima desde o punto de vista estadounidense e xaponés respectivamente. A segunda gañou o Globo de Ouro 2007 na categoría de mellor película de fala non inglesa, e as dúas foron nomeadas na categoría de mellor director.

Ademais das súas facetas como actor, director e realizador, Clint Eastwood compón discos de jazz e bandas sonoras. Posúe varias empresas deportivas e hostaleiras, entre elas un complexo turístico de luxo na localidade de Carmel-by-the-Sea (condado de Monterey). Clint ten fama de ser un home deportista a pesar da súa idade, e esa imaxe favorece ás súas empresas.

Ten sete fillos:

  • Kimber Eastwood (17-06-64) con Roxanne Tunnis.
  • Kyle (19-05-68) e Alison Eastwood (22-05-72) con Maggie Johnson.
  • Kathryn Eastwood (02-02-88) con Jacelyn Reeves.
  • Heather Eastwood (19-07-88).
  • Francesca Fisher-Eastwood (07-08-93) con Frances Fisher.
  • Morgan Eastwood (12-12-96) con Dina Ruiz.

Filmografía de Clint Eastwood[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Filmografía de Clint Eastwood.

Como actor[editar | editar a fonte]

Como director[editar | editar a fonte]

Como guionista[editar | editar a fonte]

Como produtor[editar | editar a fonte]

Como músico (bandas sonoras)[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Óscars[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2007 Óscar ó mellor filme Cartas de Iwo Jima Candidato
2007 Óscar ó mellor director Cartas de Iwo Jima Candidato
2004 Óscar ó mellor filme Million Dollar Baby Gañador
2004 Óscar ó mellor director Million Dollar Baby Gañador
2004 Óscar ó mellor actor Million Dollar Baby Candidato
2003 Óscar ó mellor filme Mystic River Candidato
2003 Óscar ó mellor director Mystic River Candidato
1992 Óscar ó mellor filme Sen perdón Gañador
1992 Óscar ó mellor director Sen perdón Gañador
1992 Óscar ó mellor actor Sen perdón Candidato
1991 Óscar Irving G. Thalberg pola súa traxectoria Filmografía completa Gañador

Globos de Ouro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2007 Mellor director Bandeiras de nosos pais Candidato
2007 Mellor director Cartas de Iwo Jima Candidato
2007 Mellor película de lingua estranxeira Cartas de Iwo Jima Gañador
2004 Mellor director Million Dollar Baby Gañador
2004 Mellor banda sonora Million Dollar Baby Candidato
2003 Mellor película - Drama Mystic River Candidato
2003 Mellor director Mystic River Candidato
1995 Mellor director As pontes de Madison Candidato
1992 Mellor película - Drama Sen perdón Candidato
1992 Mellor director Sen perdón Gañador
1988 Mellor director Bird Gañador
1987 Premio Cecil B. DeMille Gañador

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Eliot, Marc (2009). American Rebel: The Life of Clint Eastwood. Nova York: Harmony Books, pp. 14-15.