Sana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 15°20′54″N 44°12′23″E / 15.34833°N 44.20639°E / 15.34833; 44.20639

Sana
صنعاء‎ (en árabe)
San'a03 flickr.jpg
Vista da cidade
Situación xeográfica
Sana en Iemen
Sana
Sana
País Flag of Yemen.svg Iemen
División administrativa Amanat Al Asimah
Xeografía
Altitude 2.250 msnm
Poboación
Poboación 1.937.451 hab. (2012)
Densidade hab/km²
Información
Código postal
Alcalde Xeneral Abdul-Qader Hilal
Páxina web

Sana (en árabe صنعاء, Ṣanʿāʾ), antes xa capital de Iemen do Norte, é desde 1990 capital do Iemen reunificado. En 2007 a súa poboación era de 2.000.000 de habitantes.

Situada no centro dun vasto altiplano, está cercada de murallas, das que sobresaen os típicos pazos iemenís. É o centro comercial, cultural e económico do País. Interiormente está dividida por muros en tres barrios (árabe, turco e hebreo).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Sana érguese no corazón das terras altas do Iemen, sobre un planalto dunha altitude media de 2.200 m sobre o nivel do mar, arrodeada por varias montañas das que salientan o Jabal Nuqum e Aiban. A cidade está a uns 370 km ao norte de Aden, que é o centro económico do Iemen.

O clima é fresco e seco, e aínda en inverno poden caír xeadas leves. As temperaturas extremas rexistradas son -3º C e 34,4º C. Goza dun tempo suave durante os meses comprendidos entre abril e outubro. As tormentas de madrugada son correntes e son as responsábeles de boa parte das precipitacións que recibe Sana.

Historia[editar | editar a fonte]

Lenda fundacional[editar | editar a fonte]

Consonte a tradición a fundación da cidade remonta a tempos bíblicos, que se atribúe a Sem, fillo maior de Noè e epóniomo da poboación semita. Sem despois de ter abandonado o seu país atopou primeiro o Rubʿ al-Khālī, o "Cuarto Baleiro" - terríbel deserto areoso - e, máis tarde, unha terra de altas montañas e vales fértiles, na que decidíu fundar unha cidade: Sana.

Pasado histórico[editar | editar a fonte]

Sana é unha das cidades iemenís máis antigas pois remonta á dinastía sabea do século VI a.C.. As referencias escrita máis antigas á cidade atópanse en inscricións que datan do século I. Tense suxerido que Sana foi a capital do reino himyarita a inicios do século VI.

Cando o rei Yousf Athar (ou Dhu Nuwas), o derradeiro monarca himyarite, estaba no apoxeo do seu poder, Sana era tamén a capital dos virreis de Etiopía, en 570 xa baixo dominio persas.

Nos albores do Islam, Sana perdurou como sede dunha gobernaduría. Paulatinamente a cidade asumíu un papel máis importante e todos os estados iemenís ficaron controlados desde Sana.

Os mamelucos chegaron até o Iemen en 1517. ä caída deles, a mans do Imperio turco, Iemen pasou tamén ao seu dominio; durante todo o primeiro período do dominio otomán, entre 1538 e 1635, Sana foi a capital dun vilaiato, e seguíuno a ser nun segundo período otomano entre 1872 e 1918, data en que, como consecuencia da Primeira Guerra Mundial, o Imperio turco ficou desfeito.

En 1918, Sana pasou a ser capital do Iemen do Norte, que dirixía Imam Yahya. Cando en 1962 a revolución derrubou o goberno do imanato, Sana pasou a ser a capitañ da nova República Árabe do Iemen, e desde 1990 continuou a conservar o seu status como capital do Iemen unificado.

Monumentos e sitios de interese[editar | editar a fonte]

Salienta o mercado: Sūq al-milḥ, que en realidade é un complexo duns cuarenta sūq, cada un especializado nun tipo de produtos.

Arredores: Dar al-Hajar[editar | editar a fonte]

A uns 15 km, no noroeste de Sana, nunha fenda entre montañas ábrese unha verde valgada fértil todo o ano, no que medran unha grande variedade de froitas mediterráneas. É o val chamado Wadi Dhahr, percorrido por un torrente seco (o termo Wadi significa 'torrente'), que durante a estación dos monzóns recolle e énchese con as abundantes choivas. Neste val xurde o Palacio da Rocha (Dar al-Hajar), un dos sitios máis fotografados do Iemen, que se ten convertido nun símbolo do país tal vez pola súa insólita posición. Dar al-Hajar é un sorprendente edificio de 5 plantas, construído encima dunha formación rochosa. Foi levantado en torno aos anos da década de 1930, por designio do imán Yahya como residencia estival, sobre das ruínas dun edificio anterior. Na actualidade o palacio é propriedade do goberno. En 1990 unha asociación alemana financiou a reestruturación do palacio, que foi transformado nun museo, no que a mesma vivenda é o principal obxecto, que periodicamente acolla mostras fotográficas.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

No ano 1970 Pier Paolo Pasolini rodou en Sana escenas do filme As mil e unha noites (Le mille e una notte); no derradeiro día da rodaxe, impresionado pola fermosura da cidade, decidíu rodar A muralla de Sana (Le mura di Sana'a), un breve documental, con o cal chamar a atención da UNESCO para que decidise protexer e conservar as belezas da antiga cidade como patrimonio histórico-cultural de toda a humanidade. A chamada de atención de Pasolini foi atendido e en 1986 a cidade vella de Sanaa foi declarada Patrimonio da Humanidade.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Bab el Yemen, Sana

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sana

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]