Atol Rose
| Atol Rose | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Estados Unidos |
| Illa principal | Rose Island |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitado |
| Superficie | 0´214 km² |
| Superficie lagoa | 4´8 km² |
| Nº de illas | 2 |
| Coordenadas | 14°32′48″S 168°09′07″W / 14.54667°S 168.15194°W |
| Maior Altura | 3´5 |
| Localización | |
O 'atol de Rose 'é un dos dous atois da Samoa Americana, situado ao leste das Illas Manua. Como territorio estadounidense é o punto máis meridional dos Estados Unidos.
Xeografía [editar]
O atol ten unha forma case cadrada. A superficie terrestre é de 0´214 km² e a superficie total, incluíndo a lagoa e os arrecifes, é de 5 km². Dispón dunha canle de entrada á lagoa de 40 m de ancho. Só ten dous illotes: Rose Island no extremo nordés, con 3´5 m de altitude, e Sand Island ao norte, á beira do paso, con 1´5 m de altitude.
O atol está deshabitado e está protexido como reserva natural. O "Rose Atoll National Wildlife Refuge" está xestionado pola oficina federal US Fish and Wildlife Service e o goberno da Samoa Americana.
Historia [editar]
Foi descuberto por Jacob Roggeveen, o 13 de xuño de 1721, e chamouno Vuyle (illa dos paxaros). O 21 de outubro de 1819 chegou o francés Louis de Freycinet. A súa esposa, Rose Marie Pinon, embarcouse clandestinamente disfrazándose de mariñeiro para burlar as ordenanzas da mariña. Freycinet chamouna l'île Rose en honra á súa muller escribindo no diario de a bordo: «o nome dunha persoa extremadamente querida». O desexo de Rose Pinon que a súa illa se vise libre de naufraxios só durou 50 anos ata que o barco estadounidense Good Amornar estrelouse nos arrecifes e só sobreviviron tres tripulantes. O 2 de abril de 1824 foi visitado por Otto von Kotzebue que o chamou Kordinkov, nome do seu primeiro lugartenente.