Rede de Municipios Galegos pola Abolición

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
     Concellos adheridos á Rede de Municipios Galegos pola Abolición.
19 / 314

     Concellos onde se aboliron as subencións a actividades taurinas (Deputacións de Pontevedra e Coruña).[1]
155 / 314

     Concellos onde aínda se celebran touradas.[2]
2 / 314

A Rede de Municipios Galegos pola Abolición é unha plataforma civil creada pola Asociación Animalista Libera, a Fondation Franz Weber e Galicia, Mellor Sen Touradas para fomentar a participación dos municipios de Galiza no proceso de abolición das touradas. Ten orixe nas primeiras iniciativas municipais presentadas en 2010 tras unha petición aberta dos abolicionistas á cidadanía.

Segundo a plataforma Galicia, mellor sen touradas os edís do BNG, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida e Anova apoiarían mocións contra os festexos taurinos nos concellos nos que teñen representación.

A pertenza a esta rede de municipios implica o compromiso de non participar no impulso ou promoción de festexos taurinos, incluíndo a publicidade de festexos no seu territorio (o que ten especial relevancia en municipios contiguos a aqueles nos que aínda existe a tauromaquia), así como rexeitar o uso de fondos públicos para soster estas actividades.

Concellos[editar | editar a fonte]

En novembro de 2016 hai un total de 20 concellos adheridos á Rede:[3]

Concello Provincia Data Poboación
Cangas do Morrazo Pontevedra xaneiro de 2010[4] 26.567
Vedra A Coruña marzo de 2010[4] 5.073
Dodro A Coruña 2 de abril de 2010[5] 2.913
A Pobra do Brollón Lugo 9 de xullo de 2010[6] 1.830
Teo A Coruña 28 de xullo de 2010[7][8] 18.254
Ares A Coruña 5.741
Betanzos A Coruña 29 de xaneiro de 2013[9] 13.352
Fene A Coruña 13.498
Moaña[10] Pontevedra 29 de xaneiro de 2015[11] 19.365
Poio[12] Pontevedra 24 de febreiro de 2015[13] 16.794
Bueu[14] Pontevedra 12.352
Ourense[15] Ourense 106.905
Padrón A Coruña 24 de setembro de 2015[16] 8.693
Ferrol A Coruña 70.389
Cuntis Pontevedra 4.931
Ponteareas Pontevedra 23 115
Manzaneda Ourense 975
Lugo Lugo 25 de febreiro de 2016[17] 98 134
Bergondo A Coruña 6700
A Coruña A Coruña 243 870

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Diputación de Pontevedra retira las ayudas a las corridas de toros, Faro de Vigo, 25 de septiembre de 2015 [1]
  2. Antitaurinos promoverán mociones locales para abolir los toros en Galicia, infoLibre, 30 de agosto de 2015 [2]
  3. "Rede de Municipios Galegos pola Abolición". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2018. Consultado o 17 de xullo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Galicia es una de las comunidades con menos espectáculos taurinos", artigo en La Voz de Galicia, 13 de marzo de 2010.
  5. "Dodro, tercer ayuntamiento en contra de los toros", artigo en El País, 10 de abril de 2010.
  6. "A Pobra declárase contraria ás corridas de touros co apoio dunha concelleira do PP", artigo en La Voz de Galicia, 14 de xullo de 2010.
  7. González Díaz, Socorro (3 de agosto de 2010). "El PP y los toros" (en castelán). 
  8. Botrán, Cristina (30 de xullo de 2010). "Teo rechaza los toros tras debatir más de una hora". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  9. "Betanzos, oitavo concello galego que se pronuncia contra a tortura aos animais", artigo en Praza Pública.
  10. Aprobado con una moción de la plataforma "Touradas Fóra de Pontevedra"
  11. "Prohibición de los circos que utilicen animales", artigo en Faro de Vigo, 30 de xaneiro de 2015.
  12. Moción aprobada con los votos del BNG e PSdeG-PSOE.
  13. "Poio, a un paso de declararse municipio antitaurino", artigo en La Voz de Galicia, 24 de febreiro de 2015.
  14. Aprobado cunha moción da plataforma "Touradas Fóra de Pontevedra"
  15. Moción do BNG aprobada con 9 votos a favor e 13 abstencións
  16. El pleno de Padrón acuerda que no haya eventos taurinos en el concello, La Voz de Galicia, 26-set-2015 [3]
  17. Lugo convértese no 18° municipio galego 'libre de touradas'

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]