Juan Manuel Lillo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Juan Manuel Lillo Díez | ||
| Nacemento | 3 de novembro de 1965 (47 anos) | ||
| Lugar | Tolosa, España | ||
| Adestrador | |||
| Anos | Equipos | ||
| 1981–1985 | Amaroz KE | ||
| 1985–1988 | Tolosa | ||
| 1988–1991 | Mirandés | ||
| 1991–1992 | Leonesa | ||
| 1992–1996 | Salamanca | ||
| 1996–1997 | Oviedo | ||
| 1998 | Tenerife | ||
| 2000–2001 | Zaragoza | ||
| 2003–2004 | Ciudad de Murcia | ||
| 2004–2005 | Terrassa | ||
| 2005–2006 | Dorados Sinaloa | ||
| 2008–2009 | Real Sociedad | ||
| 2009–2010 | Almería | ||
Juan Manuel Lillo Díez, coñecido como Juanma Lillo, nado en Tolosa (Guipúscoa) o 3 de novembro de 1965, é un adestrador de fútbol español.
Ao longo da súa carreira adestrou a varios equipos na Primeira división española: UD Salamanca, Real Oviedo, UD Almería, CD Tenerife e Real Zaragoza. Tamén adestrou ao Dorados de Sinaloa na Primeira División de México.
É recordado principalmente por lograr ascender á UD Salamanca en dúas tempadas consecutivas desde 2ªB ata a Primeira División española e debutar nesta categoría con 29 anos como o adestrador máis novo da historia da categoría. Adestrou ao UD Almería o final de tempada 2009/10 e ata a xornada 12 da 2010/11.