Rafael Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rafael Hernández Marín, alcumado El Jibarito, naceu en Aguadilla, Porto Rico, o 24 de outubro de 1891 e finou o 11 de decembro de 1965. Foi compositor portorriqueño de máis de 2.000 temas musicais, que acadou gran sona grazas aos seus boleros, entre os que figuran El cumbanchero, Campanitas de cristal ou Lamento Borincano. Amais, tamén era instrumentista, con destreza para a corneta, o violín, o trombón, a guitarra e mais o piano.