Peso chileno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras moedas coa mesma denominación, véxase Peso (moeda).
Peso chileno
Código:CLP
Ámbito: Chile
Símbolo:$
Fracción:100 centavos (non vixente)
Moedas:1, 5, 10, 50, 100, 500 pesos.
Billetes:500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000 e 20.000 pesos.
Emisor:Banco Central de Chile.
Taxa de troco:
24-4-2020 [1]
1 EUR = 925,81 CLP
1 USD = 858,87 CLP
Troco actual

O peso chileno (código CLP; símbolo $) é a moeda de curso legal da República de Chile.[2][3] Estableceuse en 1818, como primeira moeda nacional do país logo da súa independencia, e en 1851 incorporouse o centavo como unidade divisionaria de carácter decimal.

Este primeiro peso mantívose como a moeda de curso legal en Chile ata o 31 de decembro de 1959, cando foi substituído polo escudo.[4] Posteriormente, o Decreto lei 1123 de 1975 reintroduciu o peso como unidade monetaria nacional a partir do 29 de setembro dese ano, cunha taxa de conversión dun peso chileno novo por cada mil escudos.[3] A subdivisión en centavos mantívose ata o 1 de xaneiro de 1984, cando a contabilidade se empezou a levar unicamente en pesos enteiros, eliminando os centavos.[5]

Historicamente, o peso chileno cuñouse na Casa da Moeda de Chile (1743) e a súa emisión está regulada polo Banco Central de Chile (1925).[6]

Primeiro peso (1817-1960)[editar | editar a fonte]

Primeira moeda chilena, coñecida como "peso Independente" (1817).

A adopción do peso en substitución do real colonial remóntase ao ano da independencia de Chile, 1818, aínda que os primeiros exemplares do coñecido como "peso Independente" xa foran cuñados o ano anterior. No entanto, neste período da denominada Patria Nueva o incipiente sistema monetario chileno mantivo a súa base no da metrópole, polo que a moeda de prata de oito reais españois ("real de oito") era equivalente a un peso chileno, en tanto que a moeda de ouro española dun escudo equivalía a dous pesos chilenos. Esta situación mantívose ata 1851, cando se adoptou o sistema decimal, polo que o peso quedou dividido en 10 décimos ou 100 centavos.[7]

Billete de 5 pesos chilenos de 1877
Tarxeta postal coas moedas do peso chileno en circulación a principios do século XX

Naquel mesmo 1851, o peso chileno equiparouse en valor aos 5 francos franceses (22,5 gramos de prata pura). Porén, as moedas de ouro emitíronse cun estándar diferente ao francés, cun peso chileno de 1,37 gramos de ouro, en tanto que os cinco francos franceses tiñan 1,45 gramos. En 1885 adoptouse o padrón ouro e o valor do peso chileno pasou a vincularse á libra esterlina, cunha taxa de 1313 pesos por cada libra (1 peso = 1 xilins e 6 peniques). Esta taxa reduciuse en 1926 a 40 pesos por libra (1 peso = 6 peniques).

En 1925 a circulación do diñeiro pasou a ser controlada polo Banco Central de Chile, que se acababa de crear.[7][8] A lei monetaria daquel mesmo ano estableceu que o peso sería equivalente a 6 peniques de ouro e que 10 destas unidades de peso constituirían o que se denominou "un cóndor"; e estableceuse tamén que en todas as moedas de 10 pesos ou máis se estamparía en letras e cifras o seu valor en pesos, e en letras de menor dimensión a súa equivalencia en cóndores.[9][10]

O padrón ouro foi suspendido en 1932 e o valor do peso chileno incrementou a súa caída con respecto á década anterior. En 1955, como consecuencia da inflación, dispúxose que todas as obrigas se pagasen en pesos enteiros, sen centavos. No contexto dunha política de saneamento da economía chilena e de control inflacionario emprendida polo Goberno de Jorge Alessandri, o 1 de xaneiro de 1960 o peso foi substituído polo escudo (Eº), cunha taxa de conversión de 1.000 pesos por un escudo.[4]

Segundo peso (desde 1975)[editar | editar a fonte]

A hiperinflación existente durante o Goberno de Salvador Allende, que chegou a cifras de arredor do 700 %, foi unha das principais causas da crise económica que tivo que afrontar a súa Administración.[11][12] Logo do golpe de Estado que provocou o derrocamento de Allende en 1973, unha das reformas económicas establecidas pola ditadura de Pinochet foi a reconversión ao peso chileno. Deste xeito, o 29 de setembro de 1975, estableceuse un cambio de 1.000 escudos por un peso chileno novo mediante o Decreto lei 1123, publicado o 4 de agosto dese mesmo ano.[3]

As primeiras moedas emitidas baixo o novo sistema foron as de 1, 5, 10, 50 centavos, e 1 peso; máis tarde engadíronselles os valores de 5 e 10 pesos. As moedas con denominacións en centavos tiveron unha emisión limitada por mor das crecentes desvalorizacións que ocorreron durante a década de 1980.[5]

Equivalencias entre o peso chileno e o dólar (1975-2011)

Entre 1979 e 1982, a taxa de cambio mantívose fixa en 39 pesos por dólar estadounidense; así e todo, a presión inflacionaria fixo que a economía non puidese aturar esa fixación e en 1982 comezou a desvalorizarse paseniño a moeda nacional. Xa en 1984, o seu prezo estaba a 100 pesos por dólar.[13]

Cara á década de 1990, a inflación fixo desaparecer tanto as moedas de centavos como os billetes de 5, 10, 50 e 100 pesos, substituídos por moedas. A finais desa década xurdiron, ademais, o billete de 2.000 e o de 20.000 pesos, xunto cunha moeda de 500 pesos, que eliminou o billete da mesma denominación. Cambios posteriores nos billetes permitiron a introdución de símbolos para o seu recoñecemento por persoas con deficiencias visuais e incorporaron billetes de polímero, en substitución do papel, para os billetes de 1.000, 2.000 e 5.000.[14]

Moedas[editar | editar a fonte]

Todas as moedas cuñadas a partir de 1975, cando se adoptou novamente o peso como moeda nacional, teñen validez no país. As súas denominacións e os seus deseños cambiaron ao longo do tempo: inicialmente, só se emitiron moedas de 1, 5, 10 e 50 centavos, e de 1 peso; posteriormente, deixaron de emitirse os centavos e engadíronse as moedas de 5, 10, 50, 100 e 500 pesos, en substitución dos billetes de iguais denominacións. A moeda de 500 pesos foi a primeira moeda bimetálica producida no país.[15] En 2009 presentouse un proxecto para crear moedas de 20 e de 200 pesos, pero foi rexeitado.[16]

O 26 de abril de 2016, o Banco Central propúxolle ao Ministerio de Facenda o envío dun proxecto ao Congreso para eliminar as moedas de 1 e de 5 pesos debido ao pouco uso e ao seu alto custo de fabricación.[17][18][19] O 2 de maio seguinte presentóuselle á presidenta Michelle Bachelet un proxecto para unha nova familia de moedas, que entraría en circulación no segundo semestre de 2017.[20] En agosto dese ano, o Congreso tramitou un proxecto de lei que incluíu a eliminación das moedas de 1 e de 5 pesos.[21] Desde o 1 de novembro de 2017, o Banco Central deixou de emitir esas moedas e entrou en vixencia o arredondamento para os pagamentos en efectivo.[22][23]

O 10 de outubro de 2018 o Banco Central anunciou o inicio da retirada da circulación das antigas moedas de 100 pesos, cuñadas entre 1981 e 2000; porén, seguen vixentes como medio de pagamento e a medida implica principalmente a retirada da moeda por parte das institucións financeiras para diminuír a súa convivencia coas moedas actualmente en produción.[24][25]

Imaxe Valor Datas Aliaxe Canto Peso Diámetro Anverso
Reverso
1 centavo

[26]

1975 Aluminio Liso 2,00 g 25 mm Cóndor nun cume.
Valor e coroa de loureiro.
5 centavos

[27][28]

1975

1976

Bronce-aluminio Liso e rombos 4,10 g 21 mm Cóndor nun cume.
Valor e coroa de loureiro.
1976 Aluminio Liso e rombos 1,50 g 21 mm Cóndor nun cume.
Valor e coroa de loureiro.
10 centavos

[29][30]

1975

1976

Bronce-aluminio Liso e rombos 5,01 23,75 mm Cóndor nun cume.
Valor e coroa de loureiro.
1976

a

1979

Aluminio Liso e rombos 2,05 g 23,75 mm Cóndor nun cumio.
Valor e coroa de loureiro.
50 centavos

[31][32]

1975

a

1977

Cuproníquel Estriado 4,00 g 22 mm Cóndor nun cumio
Valor e coroa de loureiro.
1978

1979

Bronce-aluminio Estriado 4,00 g 22 mm Cóndor nun cumio
Valor e coroa de loureiro.
1 peso

[33][34][35][36]

1975

a 1977

Cuproníquel Estriado 5,00 g 24 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
1978

1979

Bronce-aluminio Estriado 5,00 g 24 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro
1981

1992

Bronce-aluminio Liso 2,00 g 17 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
1992

2015

Aluminio Liso 0,70 g 16 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
5 pesos

[37][38][39][40]

1976

a

1980

Cuproníquel Estriado 7,10 g 25,8 mm Muller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.
Valor e coroa de loureiro
1981

a

1990

Bronce-aluminio Liso 2,75 g 19 mm Muller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.
Valor e coroa de loureiro.
1990

a

1992

Bronce-aluminio Liso 2,70 g 19 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
1992

a

2015

Bronce-aluminio Liso 2,20 g 15,5 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
10 pesos

[41][42][43]

1976

a

1980

Cuproníquel Estriado 8,90 g 28 mm Muller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.
Valor e coroa de loureiro.
1981

a

1990

Bronce-aluminio Estriado 3,50 g 21 mm Muller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.
Valor e coroa de loureiro
1990

a

2019

Bronce-aluminio Estriado 3,50 g 21 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
50 pesos

[44]

1981

a

2018

Bronce-aluminio Liso e rombos. 7,00 g 25 mm Bernardo O'Higgins.
Valor e coroa de loureiro.
100 pesos

[45][46]

1981

a

2000

Bronce-níquel Liso.

POR LA RAZÓN Y LA FUERZA

9 g 27 mm Escudo de Chile.
Valor e coroa de loureiro.
2001

a

2017

Aro: brce-al.

Centro: la-ni.

Estriado descontinuo 7,58 g 23,5 mm Muller mapuche
Escudo e coroa de loureiro.
500 pesos

[47]

2000

a

2018

Aro: la-ni

Centro: brce-al.

Estriado 6,50 g 26 mm Raúl Silva Henríquez.
Valor e coroa de loureiro.

En febreiro de 2010, descubriuse que parte da produción de moedas de 50 pesos fabricadas pola Casa de Moeda en 2008 tiña a lenda REPÚBLICA DE CHIIE (sic) en lugar de REPÚBLICA DE CHILE no anverso.[48][49][50] Isto, sumado a problemas anteriores de xestión, custoulle o posto a Gregorio Íñiguez, xerente xeral da entidade.[51]

Cuñaxes especiais[editar | editar a fonte]

Á parte das moedas de uso regular na circulación, a Casa da Moeda de Chile cuñou moedas conmemorativas dotadas de valor consonte a lei, malia non circularen:

  • 1976: autorizouse a cuñaxe de ata 3.000 unidades de moedas de ouro de 100 pesos en conmemoración do "terceiro aniversario da liberación de Chile" (o golpe de Estado de A. Pinochet).[52]
  • 1978: ata 1.000 unidades de cada serie de moedas de ouro de 50 e 500 pesos, e de prata de 10 pesos de prata, que conmemoran o mesmo suceso.[53]
  • 1991: ata 75.000 unidades (aínda que só se cuñaron 34.800) de moedas de prata de 10.000 pesos en conmemoración do quinto centenario da Descuberta de América.[54]
  • 1993: ata 50.000 unidades (aínda que só se cuñaron 46.000) de moedas de prata de 2.000 pesos en conmemoración dos 250 anos da fundación da Casa da Moeda de Chile.[55]

Billetes[editar | editar a fonte]

Series entre 1975 e 2009[56][editar | editar a fonte]

Ao se reinstaurar o peso como moeda oficial en 1975, introducíronse novos billetes de 5 e de 10 pesos (como consecuencia da inflación, o ano seguinte substuíronse por moedas equivalentes), ademais dos de 50 e de 100 pesos.[57] Nos anos posteriores, estes últimos tamén foron substituídos por moedas e apareceron os billetes de 500, 1.000 e 5.000 pesos. A finais da década de 1980 imprimíronse unicamente billetes de 500, 1.000, 5.000 e 10.000 pesos (este último introducido en 1989).[14]

En 1997 entrou en circulación o billete de 2.000 pesos e o ano seguinte o de 20.000 pesos. Dous anos despois deixou de circular o de 500 pesos, substituído por unha moeda. Durante 2009, os billetes en produción eran os de 1.000, 2.000, 5.000, 10.000 e 20.000 pesos e nese ano comezou a introdución dunha nova serie de billetes. No principio da década de 2020, moitos destes billetes seguen en circulación, aínda que é cada vez menos frecuente atopalos. Os billetes con denominacións menores a 1.000 pesos non están en circulación, aínda que seguen a ser legalmente válidos en todo o país e manteñen o seu valor nominal orixinal.[14]

Valor Datas de emisión Cor Dimensións Anverso
Reverso
5 pesos

[58]

1975-1976 Verde. 145×70 mm Efixie de José Miguel Carrera.
Casa da familia Carrera.
10 pesos

[59]

1975-1976 Vermello. 145×70 mm Efixie de Bernardo O'Higgins.
Batalla de Rancagua, de Subercaseaux.
50 pesos

[60]

1975-1978
1980-1981
Celeste. 145×70 mm Efigie de Arturo Prat.
Escuadra Libertadora, de Somerscales.
100 pesos

[61]

1976-1977
1979-1984
Violeta e negro. 145×70 mm Efixie de Diego Portales.
Reunión de notables, de P. L. Carmona.
500 pesos

[62]

1977
1980-1982
1985-2000
Marrón e violeta 145×70 mm Efixie de Pedro de Valdivia.
Fundación de Santiago, de Pedro Lira.
1.000 pesos

[63]

1979-1980
1982
1984-2009
Verde. 145×70 mm Efixie de Ignacio Carrera Pinto.
Heroes da Concepción, de Matte Bello.
2.000 pesos

[64]

1997
1999
2001-2004
Morado. 145×70 mm Efixie e estatua de Manuel Rodríguez.
Igrexa dos Dominicos (Santiago).
2004
2007-2008
Morado. 145×70 mm Efixie e estatua de Manuel Rodríguez.
IIgrexa dos Dominicos (Santiago).
5.000 pesos

[65]

1981
1986-1994
1996-2008
Vermello. 145×70 mm Efixie de Gabriela Mistral.
Alegoría: Nobel de literatura 1945.
10.000 pesos

[66][66]

1989-1998
2001-2006
2008
Azul. 145×70 mm Efixie de Arturo Prat.
Facenda San Agustín de Puñual.
20.000 pesos

[67]

1998-1999
2006
2008
Pardo, verde e ocre. 145×70 mm Efixie de Andrés Bello.
Universidade de Chile.

Serie Bicentenario (desde 2009)[editar | editar a fonte]

Presentación do novo billete de 5.000 pesos, en setembro de 2009.

O Banco Central de Chile comezou no segundo semestre de 2009 a produción dunha nova serie de billetes para conmemorar o bicentenario do país.[68] Malia non variar nin os valores emitidos nin os personaxes conmemorados, si que se cambiaron os tamaños e engadíronse tamén medidas de seguridade para evitar a súa falsificación. Tres dos billetes da nova serie producíronse en polímero e dous en papel de algodón.[69][70]

O deseño foi unificado, de xeito que se presentase o rostro de cada personaxe no anverso, xunto co antú (representación mapuche do Sol) e un corte transversal do corazón dun copihue, a flor nacional.[71] Pola súa banda, no reverso de cada billete incorpóranse paisaxes de diversos parques nacionais xunto a unha especie animal nativa.[69]

A implantación da nova serie foi consonte a seguinte secuencia cronolóxica:

O deseño e a produción desta nova familia de papel moeda encomendáronselles á compañía australiana Note Printing Australia Ltd (os billetes de 1.000, 2.000 e 5.000 pesos) e á sueca Crane AB (os de 10.000 e 20.000 pesos).[77]

Valor Datas de emisión Cor Dimensións Anverso
Reverso
1.000 pesos

[78][79]

2010-2016
2018
Verde 120×70 mm Efixie de Ignacio Carrera Pinto.
Parque Nacional Torres del Paine e guanaco.
2.000 pesos

[80][81][81]

2009
2012-2016
Violeta 127×70 mm Efixie de Manuel Rodríguez.
Reserva Nacional Nalcas e papagaio.
5.000 pesos

[82][83]

2009
2011-2014
Rosado 134×70 mm Efixie de Gabriela Mistral.
Parque Nacional La Campana e bufo.
10.000 pesos

[84][85]

2009
2011-2014
2016
2018
Azul 141×70 mm Efixie de Arturo Prat.
Parque Nacional Alberto de Agostini e cóndor.
20.000 pesos

[86][87]

2009
2011-2018
Laranxa 148×70 mm Efixie de Andrés Bello.
Salar de Surire e flamengo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sitio web do Banco Central de Chile
  2. "Chilean Peso". eXchangeRate.com
  3. 3,0 3,1 3,2 "Decreto Lei 1123". Ministerio de Facenda de Chile. 4 de agosto de 1975.
  4. 4,0 4,1 "Lei 13305 de 1959". Ministerio de Facenda de Chile. 6 de abril de 1959.
  5. 5,0 5,1 "Lei 18267 de 1983". Ministerio de Facenda de Chile. 2 de decembro de 1983.
  6. "Lei 18840: orgánica constitucional do Banco Central de Chile". Ministerio de Facenda de Chile. 10 de outubro de 1989.
  7. 7,0 7,1 "Historia de las monedas". Billetes y Monedas. Banco Central de Chile.
  8. "Decreto lei 486, que crea o Banco Central de Chile". Ministerio de Facenda de Chile. 22 de agosto de 1925.
  9. Carrasco, C. "Billetes y monedas emitidos por el Banco Central (1925-1964)". Páxina 602.
  10. "Listado de Billetes y Monedas, 1925-1965". En Carrasco, C. "Billetes y monedas emitidos por el Banco Central (1925-1964)". Páxinas 605-625.
  11. Braun, J. el al. (2000).
  12. Edwards, S. (2004).
  13. "¿Cómo funciona la economía en Chile?: El modelo Neoliberal". En Icarito.cl
  14. 14,0 14,1 14,2 "Familia de billetes anteriores". Billetes y Monedas. Banco Central de Chile.
  15. "Moneda de $ 500 permitirá ahorrar $ 1.300 millones en 10 años Arquivado 03 de outubro de 2017 en Wayback Machine.". En Emol.com. 26 de maio de 2000.
  16. "Gobierno planea lanzar monedas de $20 y $200 para celebrar el Bicentenario". En Chile-Hoy. 6 de maio de 2009.
  17. "Banco Central propone proyecto al Ministerio de Hacienda para eliminar monedas de $1 y $5". En Region2.cl. 27 de abril de 2016.
  18. "¿Adiós a las monedas de $1 y $5? Banco Central propone proyecto para eliminarlas". En Emol.com. 26 de abril de 2016.
  19. "Regla de Redondeo: $1 y $5". Billetes y Monedas. Banco Central de Chile.
  20. "Presidente del Banco Central presentó a la Presidenta de la República proyecto para nueva familia de monedas". En La Semana Online. 2 de maio de 2016.
  21. "Despachan proyecto de productividad que elimina monedas de $1 y $5 y diversifica inversiones de AFP". En Emol.cl. 18 de agosto de 2016.
  22. "Adiós definitivo a las monedas de $1 y $5: Ya hay fecha para el inicio del redondeo de las cuentas". En Emol.cl. 2 de outubro de 2017.
  23. "Fin de la emisión de monedas de $1 y $5: ¿Qué hacer con aquellas que tenemos?". En Emol.cl. 20 de agosto de 2016.
  24. "Banco Central pide a bancos comenzar retiro de monedas de $100 antiguas". En La Tercera. 18 de outubro de 2018.
  25. "Familia de monedas actuales". Billetes y Monedas. Banco Central de Chile.
  26. "1 Centavo". Numista.
  27. "5 Centavos 1975-76". Numista.
  28. "5 Centavos 1976". Numista.
  29. "10 Centavos 1975-76". Numista.
  30. "10 Centavos 1976-79". Numista.
  31. "50 Centavos 1975-77". Numista.
  32. "50 Centavos 1978-79". Numista.
  33. "1 Peso 1975-77". Numista.
  34. "1 Peso 1978-79". Numista.
  35. "1 Peso 1981-92". Numista.
  36. "1 Peso 1992-2015". Numista.
  37. "5 Pesos 1976-80". Numista.
  38. "5 Pesos 1981-90". Numista.
  39. "5 Pesos 1990-92". Numista.
  40. "5 pesos 1992-2015". Numista.
  41. "10 Pesos 1976-80". Numista.
  42. "10 Pesos 1981-90". Numista.
  43. "10 pesos 1990-2019". Numista.
  44. "50 pesos 1981-2018". Numista.
  45. "100 Pesos 1981-2000 ". Numista.
  46. "100 pesos 2001-2017". Numista.
  47. "500 pesos 2000-2018". Numista.
  48. "Chilean mint spells country's name wrong on coins". En The Daily telegraph. 12 de febreiro de 2010.
  49. "Polémica en Casa de Moneda: ejemplar de 50 pesos en circulación nombra a nuestro país como ‘Chiie’". En Bibliochile.cl. 12 de febreiro de 2010.
  50. "Nuevo libro de los peores errores tipográficos incluye una moneda chilena". En La Tercera. 25 de outubro de 2012. a
  51. "Chile mint boss pays the price of coin spelling howler". En BBC News. 13 de febreiro de 2010.
  52. "Decreto lei 1539 de 1976". Ministerio de Facenda de Chile.
  53. "Decreto lei 2098, de 1978". Ministerio de Facenda de Chile.
  54. "Lei 19045 de 1991". Ministerio de Facenda de Chile.
  55. "Lei 19257 de 1993". Ministerio de Facenda de Chile.
  56. Escobar, C. "Técnicas de Desarrollo de Billetes en Chile, a partir de la Reforma Monetaria de 1975, en relación a la aparición de nuevas tecnologías". En Casiopea. Pontificia Universidad Católica de Valparaíso.
  57. "Acordo do Comité Executivo do Banco Central". Banco Central de Chile. Sesión do 28 de agosto de 1975.
  58. "Chile: 5 pesos from 1975". Realbanknotes.com
  59. "Chile: 10 pesos from 1975". Realbanknotes.com
  60. "Chile: 50 pesos from 1980". Realbanknotes.com
  61. "Chile: 100 pesos from 1976". Realbanknotes.com
  62. "Chile: 500 pesos from 1994". Realbanknotes.com
  63. "Chile: 1000 pesos from 2006". Realbanknotes.com
  64. "Chile: 2000 pesos from 2008". Realbanknotes.com
  65. "Chile: 5000 pesos from 2008". Realbanknotes.com
  66. 66,0 66,1 "Chile:10000 pesos from 2001". Realbanknotes.com
  67. "Chile: 20000 pesos from 2006". Realbanknotes.com
  68. "Banco Central pone en circulación el primer billete de la Nueva Familia de Billetes". Banco Central de Chile. 24 de setembro de 2009.
  69. 69,0 69,1 "Familia de billetes actuales". Billetes y Monetdas. Banco Central de Chile.
  70. "Banco Central de Chile informa sobre el proceso de actualización de los diseños de los billetes". Banco Central de Chile. 19 de decembro de 2008.
  71. "Decreto 62, do 24 de febreiro de 1977". Ministerio do Interior de Chile.
  72. "A fines de septiembre comenzará a circular el nuevo billete de $5.000 en Chile Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". En La Estrella. 18 de agosto de 2009.
  73. "Lustrador de zapatos es el primer chileno en recibir nuevo billete de $5.000". En La Tercera. 24 de setembro de 2009.
  74. "Nuevo billete de $10 mil parte el 3 de marzo y tendrá renovada imagen de Arturo Prat. En La Tercera. 6 de xaneiro de 2010. t
  75. "Banco central develó nuevo billete de 20 mil pesos. Conócelo acá". En El Observatorio. 8 de xuño de 2010.
  76. "BC lanzó nuevo billete de $2.000 y anunció que entrará en circulación el 17 de noviembre". En La tercera. 6 de outubro de 2010.
  77. 77,0 77,1 "Banco Central lanzó nuevo billete de $1.000 y anunció que entrará en circulación el 11 de mayo". En La Tercera. 16 de marzo de 2011.
  78. "Chile new date (2015) 1,000-peso note (B296f) confirmed". Banknotenews.com
  79. "Chile: 1000 pesos from 2016". Realbanknotes.com
  80. "Chile new date (2016) 2,000-peso note (B297f) confirmed". Banknotenews.com
  81. 81,0 81,1 "Chile: 2000 pesos from 2013". Realbanknotes.com
  82. "Chile new date (2014) 5,000-peso note (B298e) confirmed". Banknotenews.com
  83. "Chile: 5000 pesos from 2014". Realbanknotes.com
  84. "Chile new sig/date (2018) 10,000-peso note (B299g) confirmed". Banknotenews.com
  85. "Chile: 10000 pesos from 2013". Realbanknotes.com
  86. "Chile new sig/date (2018) 20,000-peso note (B300i) confirmed". Banknotenews.com
  87. "Chile: 20000 pesos from 2017". Realbanknotes.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]