Economía de Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Chile
Moeda peso chileno
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, APEC, Mercosur (asociado), CAN
Datos estatísticos[1]
PIB 335.4 mil millóns (2013)
Posición do PIB 43ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 4.4% (2013)
PIB per cápita 19 100 (2013)
PIB por sector agricultura 3.6%, industria 35.4%, servizos 61%
Inflación 1.7% (2013)
Poboación abaixo da limiar de pobreza 15.1% (2009)
Total da forza de traballo 8.367.000 (2013)
Forza de traballo por sector agricultura 13.2%, industria 23%, servizos 63.9% (2005)
Desemprego 6% (2013)
Industrias cobre, litio, outros minerais, alimentos, pesca, ferro e aceiro, madeira e produtos madeireiros, maquinaria de transporte, cemento, téxtiles
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 77.94 mil millóns (2013)
Produtos de exportación cobre, froitas, peixe industrializado, papel e celulosa, produtos químicos, viño
Principais mercados República Popular China 23.3%, Estados Unidos 12.3%, Xapón 10.7%, Corea do Sur 5.8%, Brasil 5.5% (2012)
Importacións 75.7 mil millóns (2013)
Principais produtos importados petróleo e derivados, produtos químicos, equipamentos eléctricos e de telecomunicacións, máquinas industriais, vehículos, gas natural
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 119 mil millóns (2013)
Receitas 58.49 mil millóns (2013)
Despesas 61.26 mil millóns (2013)
Modernos edificios en Santiago de Chile.

A economía de Chile está orientada ó mercado, co elevado nivel de comercio exterior. Ostenta índices notables en canto a competitividade,[3] liberdade económica,[4], desenvolvemento financeiro,[5] crecemento económico,[6] e conságrase como a economía máis dinámica de América Latina e a segunda a nivel mundial.[7] Ademais, ten a cualificación da débeda externa máis favorable do continente.[8]

Durante o comezo da década de 1990, a reputación de Chile como un modelo de reforma económica fortaleceuse cando o goberno democrático de Patricio Aylwin, que asumiu despois do réxime militar, en 1990, profundou a reforma económica iniciada no goberno Pinochet.

O crecemento do produto interior bruto foi en media 8% ó ano entre 1991 e 1997, pero caeu á metade, en 1998 debido á ríxida política monetaria. En 1999 unha seca reduciu o crecemento a negativo. A recuperación comezou en 2003, e acelerouse a 6,1% en 2004 e 2005, mentres a inflación permaneceu baixa. Entre 2003 e 2013 o crecemento real medio da economía foi 5% ó ano, a pesar da crise económica o 2009[1].

Referencias[editar | editar a fonte]