Cinema Paradiso
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Nuovo cinema Paradiso")
| Cinema Paradiso | |
|---|---|
| Título orixinal | Nuovo Cinema Paradiso |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Giuseppe Tornatore |
| Produtor | Franco Cristaldi, Giovanna Romagnoli |
| Guión | Giuseppe Tornatore |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Philippe Noiret, Salvatore Cascio, Marco Leonardi, Antonella Attili, Jacques Perrin |
| Música | Ennio Morricone |
| Fotografía | Blasco Giurato |
| Montaxe | |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | |
| Ano | 1988 |
| Duración | 155 min (Italia), 124 min (versión internacional), 173 min (versión extendida) |
| País | |
| Xénero | Melodrama |
| Orzamento | |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Nuovo cinema Paradiso é un filme italiano dirixido en 1988 por Giuseppe Tornatore. Recibiu o Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa. É unha coproducción Italia-Francia.
Índice |
Trama [editar]
Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.
É unha historia de amor en torno ao cine como arte e toda a sociedade e mitos que se desenvolven ao ser redor. O filme narra a historia dun neno dun pobo de Sicilia cuxo pasatempo é disfrutar das películas do Cinema Paradiso, pouco a pouco vaise facendo amigo do operador do Cine, Alfredo, a cambio de axuda para superar os exames do ensino para adultos. Tras unha xuventude con acidentes e desamores decide comezar unha nova vida fora do pequeno pobo de Giancaldo. Trinta anos despois e xa cunha carreira de éxito no mundo do cine volve a casa para o enterro de Alfredo.
Actores e personaxes [editar]
| Actor | Personaxe |
|---|---|
| Salvatore Cascio | Salvatore 'Totò' Di Vita, neno. |
| Marco Leonardi | Salvatore 'Totò' Di Vita, adolescente. |
| Jacques Perrin | Salvatore 'Totò' Di Vita, adulto. |
| Philippe Noiret | Alfredo |
| Leo Gullota | Usher |
| Antonella Attili | María Di Vita, xove. |
| Pupella Maggio | María Di Vita, anciana. |
| Enzo Cannavale | Spaccafico |
| Isa Danieli | Anna |
| Agnese Nano | Elena Mendola |
| Leopoldo Trieste | Padre Adelfio |
Galardóns [editar]
- 1988: 5 nominacións ao Premios David di Donatello: Gañadora á Mellor música.
- 1989: Premios Oscar: Mellor película en lingua non inglesa.
- 1989: Globo de Ouro: Mellor película en lingua non inglesa.
- 1989: Festival de Cannes: Premio Especial do Xurado
- 1990: 11 nominacións aos Premios BAFTA, incluíndo mellor película de fala non inglesa. Gañadora de 5 premios BAFTA.