Morcego das hortas
| Morcego das hortas | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||||||||
| Eptesicus (Eptesicus) serotinus (Schreber, 1774) |
|||||||||||||||||||||
|
Mapa de distribución de E. serotinus
|
|||||||||||||||||||||
| Subespecies | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
| Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||
O morcego das hortas (Eptesicus serotinus) é unha especie de morcego da familia Vespertilionidae.
Índice |
Descrición [editar]
Morcego de talla grande e pelo monocor co lombo pardo escuro e o bandullo máis claro, os máis novos son de cor agrisada. Orellas triangulares e curtas, as membranas das ás insérense na base dos pés. As femias son maiores cós machos, teñen unha medida de corpo entre 46 e 55 mm e un peso entre 17 e 28 gramos. A súa fórmula dentaria é
.
Distribución [editar]
Preséntase na maior parte de Europa, da Península Ibérica, no sur de Inglaterra, sur de Suecia e nos Países Bálticos, no centro de Rusia, sur dos Urais e no Cáucaso, Noroeste de África, Cirenaica, Illas Mediterráneas, Turquía, Líbano, Israel, Siria, Irán, Afganistán, Casaquistán, Turkmenistán, Usbequistán, Quirguicistán, Mongolia, China, Península de Corea, Taiwan, Himalaia do noroeste de India, Tailandia até Laos polo leste; e talvez na África subsahariana. En España localízase en Castela e León, no norte de Castela-A Mancha, Val do Ebro e País Vasco. No resto tras unha diferenciación recente, utilizando técnicas moleculares, comprobouse a existencia da nova especie, Eptesicus isabellinus, antes unha subespecie de E. serotinus, e que ocuparía as zonas máis termofilas da Península e norte de África.
Hábitat [editar]
Morcego preferentemente fisurícola, preferentemente en rochas e en moita menos proporción ocos de árbores, están adaptados ás fendas de todo tipo de construcións humanas. Prefire zonas baixas, aínda que se atopou até os 1.800 m na Serra das Neves, (Málaga).
Ameazas [editar]
O selado inaxeitado das xuntas de dilatación das infraestruturas e edificios utilizados como refuxio levan a desaparición das colonias. Nalgúns países poténcianse as poboacións dispondo fendas axeitadas en obras públicas (pontes, viadutos, etc.).
Patoloxías [editar]
É o principal portador, na saliva, dun virus rábico denominado EBL1, (European bat Lyssavirus). En brotes infecciosos virulentos a mortalidade pode verse aumentada un 30% por mor da enfermidade.
Os casos de transmisión da enfermidade da rabia a mamíferos non morcegos, incluído o home, son moi raros, malia iso débese evitar o contacto coa especie.
Notas [editar]
- SIMMONS, N. B. Order Chiroptera. In: WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (Eds.). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3. ed. Baltimore: John Hopkins University Press, 2005. v. 1, p. 312-529.
- Chiroptera Specialist Group 1996. Eptesicus serotinus. In: IUCN 2007. 2007 IUCN Rede List of Threatened Species. <www.iucnredlist.org>. Acessado em 20 de setembro de 2008.
- (en) Eptesicus serotinus, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).
- (es) Eptesicus serotinus no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.