Xavier Villaverde
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xavier Villaverde, nado na Coruña en 1958, é un director de cine galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezou no campo da creación en vídeo, sendo a obra máis coñecida dos seus principios Veneno Puro de 1984. En 1989 realizou a súa primeira longametraxe, Continental. Logo adicouse un tempo a realización de publicidade para dez anos máis tarde voltar a dirección cinematográfica con Fisterra, onde termina o mundo (1999).
Filmografía Incompleta [editar]
Longametraxes [editar]
- Continental (1989)
- Fisterra, onde termina o mundo (1999)
- Trece badaladas (2002)
Vídeo [editar]
- Veneno Puro (1984)
- Viúva Gómez (1984)