Mero de altura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mero de altura
(Epinephelus marginatus)
Epinephelus marginatus.jpg
Estado de conservación
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Gnathostomata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Osteichthyes
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Percoidei
Familia: Serranidae
Subfamilia: Epinephelinae
Xénero: Epinephelus
Especie: E. marginatus
Nome binomial
Epinephelus marginatus
(Lowe, 1834)
Sinonimia
Mero de altura entre rochas.

O mero de altura [1] (Epinephelus marginatus) é un peixe da familia dos serránidos (Serranidae), subfamilia dos epinefelinos (Epinephelinae),[2] que vive nas costas do océano Atlántico, incluíndo o mar Mediterráneo, as Azores,[3] e nas costas do sur de Brasil, Uruguai e o norte da Arxentina [4] así como no océano Índico fronte ás costas de Mozambique e Madagascar, comunmente a unha profundidade entre os 10 e os 50 m, chegando á veces até os 200 m,[5] especialmente en zonas con fondos rochosos ou veciñas a furnas.

Descrición[editar | editar a fonte]

  • Corpo robusto, de contorno fusiforme, coa rexión anterior do tronco notabelmente dilatada; pode alcanzar os 150 cm de lonxitude (normalmente, 90 cm, e un peso medio de 60 kg).
  • Boca moi grande, coa mandíbula moi prominente e fociño ancho con labios grosos; dentes cónixos, pequenos, dispostos en tres fileiras polo menos, fo9rmando bandas anchas.
  • Bordo posterior do opérculo con tres aguillóns.
  • Aleta dorsal longa; aletas pectorais moi arredondadas, e as pelvianas grandes, pero máis curtras que as anteriores; a aleta caudal, arredondaa, coa marxe branca.
  • Coloración do dorso e os flancos é normalmente parda achocolatada, con máis ou menos manchas amarelas, pero pode variar da verde á parda dependendo da estación e da idade. É de verde a azulada durante a súa fase xuvenil. Pode ademais presentar distintas coloracións segundo o seu estado emocional e reprodutor.[1] [6] [7] [8] [9]
  • Distínguese doutras especies parecidas (como o mero) pola marxe da aleta caudal arredondada de forma convexa, polas bandas laterais claras na cabeza e pola cor tipicamente parda, que é máis gris nas otras especies.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

  • Vive en fondos rochosos de 8 a 200 m de profundidade.
  • Moi sedentario, realiza pequenas migracións a distiuntos fondos a buscar alimento, volvendo para realizar a desova.
  • Aliméntase principalmente de cefalópodos e tamén de peixes e crustáceos.
  • Reprodúcese durante o verán.[1]
  • É hermafrodita sucesivo, madurando como femia contra os 5 anos e convirténdose en macho contra os 12, aínda que pode facelo desde os 7 anos segundo a situación demográfica do grupo.
  • A femia transitoria busca ao macho no seu territorio e o espera.
  • Pode vivir uns 50 anos,[10] observándose un espécime dunha idade máxima de 61 anos.[11])

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Rodríguez Villanueva el al. (1994), p. 92.
  2. Algúns autores elevan a subfamilia dos epinefelinos á categoría de familia, epinefélidos (Epinephelidae). [1].
  3. Barreiros, J. P. (1995): "Aspectos de comportamento e reprodução do mero Epinephelus marginatus (Lowe, 1834) nos Açores". Departamento de Ciências Agrárias, Universidade dos Açores.
  4. Rico M. R. e M. Acha: "Southernmost occurrence of Epinephelus marginatus in the south-west Atlantic"; Journal of Fish Biology 63 (6): 1621–1624. Instituto Nacional de Investigación y Desarrollo Pesquero - Universidad Nacional de Mar del Plata, Mar del Plata, Argentina.
  5. Louisy (2006).
  6. Louisy (2006).
  7. Epinephelus marginatus en FishBase (en inglés) Consultada o 28/11/2012.
  8. Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier (2000): Peixos de les Illes Balears. Palma de Mallorca: Editorial Moll. ISBN 84-273-6013-4.
  9. Kara, M. H. e Derbal, F. (1998): "Morphometrie, croissance et mortalité du Merou Epinephelus marginatus (Serranidae) des cotes de l'est algerien". Cahiers de Biologie Marine 36: 229-237.
  10. "Periodi riprodutivi delle specie ittiche dei mari italiani". Consultada o 28/11/2012.
  11. Reñones & Piñeiro: "Age and growth of the dusky grouper Epinephelus marginatus (Lowe 1834) in an exploited population of the western Mediterranean Sea", Journal of Fish Biology 71 (2): 346-362.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mero de altura Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Louisy, Patrick (2006): Guida all'identificazione dei pesci marini d'Europa e del Mediterraneo. Milano: Il Castello. ISBN 88-8039-472-X.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (II) Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]