Hermafroditismo
O hermafroditismo dáse cando un mesmo ser vivo ten os aparellos sexuais masculino e feminino ou un aparello mixto, pero é capaz de producir gametos de ambos os tipos ao mesmo tempo. Isto permítelle ao organismo actuar unhas veces como macho e outras como femia. Non obstante, o máis común é a fecundación cruzada entre individuos hermafroditas; tamén existen algúns casos, como nos corais, nos que se producen gametos xa fecundados. Un exemplo de hermafrodita é o percebe.
Índice |
[editar] Fecundación cruzada
Aínda que os seres vivos hermafroditas producen os dous tipos de gametos, de cando en vez fecúndanse a si mesmos. Se se exceptúa algún caso como as tenias, que si poden autofecundarse (de todos os xeitos esta fecundación nunca se produce no mesmo aparello reprodutor, dous proglótides uniríanse para a fecundación), os restantes hermafroditas necesitan a colaboración doutro conxénere para reproducirense. Nas plantas sucede o mesmo, pois aínda que as flores posúen os dous sexos, os gametos maduran a distinto tempo, polo que se require unha polinización cruzada para levar a cabo a fecundación.
Este é o caso da maioría das plantas con flores e dalgúns animais, por exemplo, caracois e miñocas de terra.
Algúns peixes tamén son hermafroditas: poden iniciar a súa vida como femias e cambiaren de sexo logo de procrear varias veces, transformándose en machos.
O hermafroditismo considérase como un indicio de reprodución máis primitiva que a unisexualidade, como o demostra a súa frecuencia entre organismos máis primitivos e a progresiva separación de sexos a medida que avanzamos na escala evolutiva animal.
[editar] Hermafroditismo e humanos
Existen diferentes casos que son similares ao hermafroditismo na especie humana. Un dos casos máis famosos foi o de Herculine Barbin.O termo máis correcto para referirse a unha persoa con estas condicións é intersexual. O síndrome de Klinefelter produce individuos con intersexo.[1]
O termo médico hermafroditismo verdadeiro aplícase aos casos con gónadas de ambos os sexos en distintas proporcións, xa que nalgúns casos conteñen folículos ováricos e túbulos seminíferos na mesma gónada (ovotestis). no entanto, en humanos non hai ningún caso constatado medicamente de auténtico hermafroditismo (é dicir, coa capacidade de producir óvulos e espermatozoides ao mesmo tempo).
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa bioloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |