Haraquiri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Haraquiri (en xaponés 切腹, seppuku) é o termo xaponés empregado para denominar un suicidio por destripamento. En xaponés a palabra 'hara-kiri' non se emprega ao ser considerada vulgar. Era unha práctica común entre samurais, que consideraban a súa vida como unha entrega á honra de morrer gloriosamente, rexeitando calquera tipo de morte natural. Por iso, antes de ver a súa vida deshonrada por un delito ou falla, recorrían con este acto a se dar morte (tal e como significan esas palabras, Hara-kiri: «corte do ventre»).