David Belasco
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
David Belasco, nado o 25 de xullo de 1853 e finado o 14 de maio de 1931, foi un dramaturgo e director, produtor e empresario teatral estadounidense.
[editar] Traxectoria
Belasco, nado en San Francisco, procedía dunha familia de xudeus sefardís procedentes de Londres que se asentaran en California durante a febre do ouro. De mozo comezou a traballar nun teatro da cidade onde fixo de de case todo, desde rapaz de recados, copiar escritos ata actuar e dirixir. En 1882 trasladouse a Nova York onde foi director de escena do Madison Square Theater ó tempo que escribía as súas propias obras teatrais. Para 1895 tivera tanto éxito que se puido converter en produtor independente.
Durante a súa longa carreira, de 1884 a 1930, Belasco escribiu, dirixiu e produciu máis de 100 pezas para Broadway, entre as que salientan Hearts of Oak, The Heart of Maryland e Du Barry. Non obstante as súas máis coñecidas producións foron a adaptación da ópera de Giacomo Puccini, Madame Butterfly para o teatro e The Girl of the Golden West da que o propio Puccini realizou unha versión operística, La fanciulla del West. Realizáronse aproximadamente corenta filmes adaptando as súas obras, entre o que se inclúe Seven Chances de Buster Keaton.